0-0 | Faltoulle gol ao Xuvenil "A" para gañar
VENRES 06/12/2024 (12:00) Campo: A GÁNDARA (100)
CVC VALLADARES : 0 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
Reparto de puntos no partido da decimosegunda xornada da Liga Nacional Xuvenil que foi suspendido fai dúas semanas pola alerta meteorolóxica.
Non foi un bo partido pero os branquiverdes fixeron méritos, de manera especial con maior dominio nos vinte últimos minutos, para haber sumado algo máis que un punto.
No primeiro tempo Mociño, Youness e Bruno tiveron ocasións para adiantarse no marcador e no segundo periodo Gómez, Álex García e Cougil gozaron de oportunidades para desfacer o empate inicial.
A igualada permite aos pabellonistas sumar 28 puntos para seguir terceiros na táboa e en posto de ascenso.
Esta fin de semana non haberá competición.
FICHA TÉCNICA
CVC Valladares: Fabián, Gabriel, Pedro (Adrián, m.60), Luis, Xavier, Mario, Daniel, Rodrigo (Ismael, m.89), Jaime (Marcos, m.74), Roberto (Adán, m.60) e Mateo (Mario Pérez, m.74).
Pabellón CF: Brais, Jorge, Lamús, André, Joel, Ander (Tiago, m.90), Gómez, Youness (Cougil, m.68), Soriano, Bruno (Lucas, m.68) e Mociño (Álex García, m.60).
Árbitro: David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Calvar Fernández (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Marcos (m.83) nos locais e a Gómez (m.79) nos visitantes.