4-1 | Cuarta vitoria consecutiva do Xuvenil "A"
DOMINGO 17/11/2024 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)
PABELLÓN CF : 4 – PORRIÑO INDUSTRIAL : 1 (2-0)
Cuarta vitoria consecutiva dos ourensáns nun partido no que o mellor foron os tres puntos e a capacidade anotadora dos de Iván Alonso na cita da undécima xornada da Liga Nacional Xuvenil. O equipo segue ocupando a primeira praza de ascenso.
Os branquiverdes sacaron adiante un partido no que non estiveron ao nivel de anteriores ocasións diante dun rival, que sendo colista do grupo, soamente entregou o partido cando os locatarios anotaron o definitivo 4-1.
O punch pabellonista permitiulle suplir as imprecisións que o acompañaron durante moitos minutos no Miguel Ángel. Ao descanso tiñan dous goles de vantaxe grazas aos tantos de Álex Riveiro e Youness no tramos final do primeiro acto.
Non é que o Porriño nesa fase levase perigo á meta de Brais, pero si estaba moito máis preciso nas accións que os branquiverdes, que sen embargo tiveron un par de ocasións en disparos de Álex García e Youness antes de adiantarse no marcador.
Segundo tempo
O retorno de vestiarios, como era de esperar, deixounos un conxunto porriñés que saiu a por un gol xogándose máis no campo pabellonista, quenes aproveitaron o saque dunha falta rápida para que Youness colocase o terceiro no marcador con pouco máis de dez minutos xogados.
Pese ao 3-0 non se veu abaixo a escuadra porriñesa, que tivo premio co gol de Pedro que deu paso a uns minutos de maior acoso rival cun cadro local que non estaba moi cómodo no campo. A cuarta diana branquiverde de Gómez, a pouco do final, acabaría por pechar o choque. Na próxima xornada o Pabellón visita al Valladares.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Brais, Jorge, Lamús, Tiago, Joel, Ander, Gómez, Soriano, Álex Riveiro (Guti, m.75), Youness (Lucas, m.56) e Álex García (Mociño, m.71).
Porriño Industrial: Hugo, Xoel (Joel, m.46), Couñago, Álex (Ilyass, m.46), Pedro (Mateo, m.81), Montero, Miguel, David, Xian, Enzo (Gerardo, m.64) e Comesaña (Cristhian, m.64).
Árbitro: Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Álvarez Yzquierdo e Shery Díaz (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Ander (m.56) e ao adestrador Iván Alonso (m.70) nos locais e a Pedro (m.14), Montero (m.47) e David (m.63) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.36: Álex Riveiro. 2-0, m.40: Youness. 3-0, m.56: Youness. 3-1, m.68: Pedro. 4-1, m.84: Gómez.