LIGA NACIONAL XUVENIL

3-1 | Xusto triunfo do Xuvenil "A", en zona ascenso

DOMINGO 03/11/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL (100)

PABELLÓN CF : 3 – CD CONXO SANTIAGO : 1 (2-0)

Os branquiverdes apuntáronse a vitoria na novena xornada da Liga Nacional Xuvenil para situarse con 21 puntos, ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria e situado na primeira praza de ascenso á División de Honra.

Na primera metade o control e dominio correspondeu maioritariamente ao cadro local, que estivo sobrio en defensa sen concender ocasións de perigo ao rival, moi traballaro na zona central do campo con varios roubos de balón e creando bastantes ocasións en ataque.

Despois do tempraneiro gol (3´) de Cougil, os pabellonistas tiveron dúas oportunidades moi claras en remates de Gómez, dende fóra do área, e de Soriano, coa cabeza, nas que o meta santiagués Anxo evitou que o marcador fose maior.

Sen embargo, pouco antes do descanso Soriano anotaría o segundo dos seus, sétimo da súa conta, ao transformar un penalti sobre Álex Riveiro e permitindo unha suculenta vantaxe camiño de vestiarios.

Cougil inaugurou oi marcador aos tres minutos de partido
Cougil inaugurou o marcador aos tres minutos de partido

Segundo tempo

O arranque da reanudación non puido ser mellor, xa que aos poucos minutos Álex García colocaba o terceiro no marcador para os branquiverdes en un man a man co porteiro para deixar o choque máis que encarrilado.

Pese ao tanto dos santiagueses, en extrañas circunstancias xa que parecía fóra de xogo de Marcos e incluso non o celebraron ao entender que era ilegal, os branquiverdes souberon administrar a renda para facerse cunha merecida vitoria.

Na próxima xornada, décima do campionato, o Pabellón visita ao Celta "B" na Cidade Deportiva de A Madroa.

Álex García anotou o terceiro dos locais no inicio da segunda parte
Álex García anotou o terceiro dos locais no inicio da segunda parte

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André, Álex Riveiro (Joel, m.82), Ander, Soriano (Bruno, m.82), Gómez, Cougil (Mociño, m.69) e Álex García (Julián, m.64).

CD Conxo Santiago: Anxo, Moscoso (Alfonso, m.46), Xian (Óscar, m.63), Rubén, Miguel, Manuel, Sergio, Pablo, Pedro (Rama, m.63), Marcos e Lucas (Jacobo, m.21).

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Gómez Míguez e Nogueiras Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locais a Álex Riveiro (m.24) e nos visitantes a Moscoso (m.45) e Manuel (m.52).

Goles: 1-0, m.3: Cougil. 2-0, m.45: Soriano, de penalti. 3-0, m.48: Álex García. 3-1, m.62: Marcos.

Os capitáns de ambos equipos, Soriano (Pabellón) e Rubén (Conxo), co trio arbitral