Liga Nacional Xuvenil

6-1 | Vitoria incontestable do Xuvenil "A"

DOMINGO 15/09/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 6 – AROSA SC "B" : 1 (2-0)

Vitoria ampla do Pabellón na Liga Nacional Xuvenil diante dun recén ascendido como o Arosa "B". Ao descanso os branquiverdes xa anotaran dous goles e incluso erraron un penalti.

O primeiro deles en propia meta despois dunha boa acción ofensiva tras un centro de Mociño e o segundo foi nun remate de cabeza do Soriano despois dun saque de esquina.

Nesa primeira metade os de Iván Alonso dispuxeron de oportunidades para que a vantaxe fose maior. Mociño, por dúas veces, e Soriano puideron ampliar o marcador.

O branquiverde Joel avanza ante a presenza de varios adversarios

Segundo tempo

Nos cinco primeiros minutos da reanudación os pabellonistas sentenciaron o choque coas dianas de Mociño e Jorge. Instantes despois chegaría a ingenua expulsión de Gómez (54´) nos locais.

Nunha fase de certo desconcerto no Pabellón o Arosa aproveitaría para recortar distancias. Parecía que con moito tempo por diante os de Vilagarcía apretarían máis pero os branquiverdes refixéronse e marcaron distancias no marcador coas dianas de Bruno e Soriano

Con este triunfo o Pabellón suma 6 puntos tras un pleno de vitorias no arranque ligueiro. Na próxima xornada visitan ao Coruxo en Fragoselo.

O dianteiro Youness, moi activo, debutou cos pabellonistas

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Guti, Joel (André, m.82), Gómez, Ander (Álex García, m.82), Soriano, Bruno (David, m.82), Mociño (Julián, m.59) e Youness (Cougil, m.69).

Arosa SC: Alejandro, Seijo (Xurxo, m.64), Manu, Gael, Yeray, Méndez (Villamor, m.46), Raúl, Jorge, Iván, Mateo (Pintos, m.55) e Pablo (Otero, m.64).

Árbitro: Álvaro Cid Rodríguez, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Quintas García (Comité Galego-Ourense). Expulsaron por dobre cartón amarelo (m.26 e 54) a Gómez nos locais. O técnico branquiverde Iván Alonso tamén viu cartón amarelo (m. 59).

Goles: 1-0, m.23: Manu, en pp. 2-0, m.45: Soriano. 3-0, m.46: Mociño. 4-0, m.48: Jorge. 4-1, m.55: Raúl. 5-1, m.68: Bruno. 6-1, m.80: Soriano.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral