El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

3-2 | Vitoria balsámica do Xuvenil "A"

DOMINGO 03/03/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 3 – ALONDRAS CF : 2 (1-0)

Vitoria balsámica para os branquiverdes nun partido da Liga Nacional Xuvenil no que chegou a ter tres goles de vantaxe diante dun rival que nun se deu por vencido. Con este resultado o equipo cortou unha racha de sete xornadas consecutivas sen gañar. Agora suman 23 puntos.

Na primeira metade non houbo moitas ocasións nunha fase con idas e voltas. As contrariedades seguen acompañando ao equipo, xa que Adrián tivo que abandonar o campo lesionado con apenas dez minutos disputados. 

O meta local Abraham estivo moi seguro todo o partido

Dentro das poucas accións de perigo neste periodo cabe destacar unha contra local iniciada por Mauro culminouna Samuel cun disparo que desviou o meta rival. O único lanzamento dos visitantes foi de Adrián dende lonxe saindo o balón alto.

O tanto local chegaría despois dunha serie de rebotes á saída dun saque dende o curruncho, ata que Bugallo acertou a meter o balón dentro da rede cun dispatro raso e axustado ao pao.

Pouco despois Samuel tivo o segundo pero ao seu lanzamento dentro do área pequena aparceu a perna dun defensor para desviar un balón que prometía moito.

Adrián Parada lesionouse nos primeiros minutos do partido

Segundo tempo

O rertono de vestiarios foi furctífero para os branquiverdes xa que apenas transcurridos uns minutos Mauro anotaba o segundo dos seus cun certeiro zapatazo dende fóra do área.

Lexos de tirar a toalla o Alondras pasou totalmente á ofensiva e nunha fase mala para os pabellonistas Álex Riveiro lograba u terceiro gol ourensán nunha boa acción individual pola parte esquerda. Pese ao 3-0 que figuraba no marcador a vitoria non estaba asegurada xa que as forzas comezaban a flaquear e os visitantes aínda subiron máis o pistón.

XA-Alondras 4
O partido tivo emoción ata o pitido final tras un eterno desconto

E así foi. Foron pasando os minutos e os cangueses foron recortando distancias. Primiero co tanto de Iker Barreiro e despois co de Víctor para colocar un preocupante 3-2 a falta de dez minutos e un eterno desconto con varios sustos na portería defendida por Abraham. Ao final o marcador non se movería máis e pos puntos quedaron na casa.

A próxima fin de semana o equipo viaxa ata a Coruña para enfrontarse ao Atlético Coruña Montañeros na fecha vinte e cinco do campionato.

Os capitáns de ambos equipos, Soriano (Pabellón) e Adrián (Alondras) co trío arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Mauro (Tiago, m.84), Jorge, Bugallo, Unai, Adrián (Álex Riveiro, m.10), Soriano, Ander, Peke (Iván, m.71), David (Machaca, m.46) e Samuel. 

Alondras CF: Pedro, Pablo, Freire, Iker Barreiro (Samuel, m.78), Adrián (Corrales, m.58), Marchena (César, m.76), Víctor, Manuel, Iker Tesouro (Ramos, m.76), Joao e Diego (Brais, m.58).

Árbitro: Brais Rodríguez García, asistido nas bandas por Oumar Diallo e Jaimies Mosquera (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Ander, Soriano e Machaca nos locais.

Goles: 1-0, m.42: Bugallo. 2-0, m.51: Mauro. 3-0, m.60: Álex Riveiro. 3-1, m.69: Iker Barreiro. 3-2, m.83: Víctor.

 

3-2 | Vitoria balsámica do Xuvenil "A"