0-1 | Ao Xuvenil "A" faltoulle puntería no derbi
DOMINGO 14/01/2024 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (800)
PABELLÓN CF : 0 – UD OURENSE : 1 (0-0)
Un gol no primero minuto da segunda metade obra de Mesfín acabou decidindo o derbi local da Liga Nacional Xuvenil que daba o pistoletazo de saída á segunda volta.
O partido tivo varias alternativas en canto ao xogo. Saiu máis forte o conxunto unionista, que gozou de dúas boas ocasións de perigo nas botas de Mesfín unha deleas resolta cunha boa parada de Abraham.
A resposta local chegaría máis tarde con tres ocasións de perigo, destacando un dobre remate de Cougil e Mauro que acabaría marchándose fóra e otro disparo de Cougil nunha boa acción de Samuel que tampouco encontraría portería. Ao descanso chegaríase sen que se movera o marcador.
Segunda metade
O retorno de vestiarios acabaría sendo determinante no resultado final do enfrontamento. Apenas xogado un minuto chegaría o tanto visitante.
Pouco a pouco, e cos trocos nas filas branquiverdes, os de Iván Alonso foron facéndose co partido e levando perigo nas bandas, especialmente no flanco esquerdo.
Por ahí nacerían as mellores oportunidades para, al menos, equilibrar a balanza. Álex Riveiro non chegou por pouco a un balón filtrado no área rival e máis tarde un defensor desviaba o disparo de Jorge camiño da portería.
Tampouco houbo fortuna nunha acción individual de Cougil no que o seu chut foise ao lateral da rede. Ao final non puido ser e o enorme esforzo do equipo na segunda metade non tivo recompensa. Na próxima xornada o equipo, que suma 19 puntos, visita ao Bergantiños no campo das Eiroas.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Bugallo (Santi, m.54), Lamús, Simón, Cougil, Soriano, Machaca (Ander, m.70), Mauro (Unai, m.54), Álex Riveiro e Samuel (Peke, m.46).
UD Ourense: Ibrahima, Roi, Joel, Álex Fernández, Álex Pérez, Bruno (Adrián Iglesias, m.66), Mesfín, Adrián, Amills (Villán, m.60), Hugo Viso (Diego, m.10) e André.
Árbitro: Borja Cardoso Iglesias asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Machaca (m.53) nos locais e a Bruno (m.33), Roi (m.41), Mesfín (m.46), Amills (m.47), Adrián (m.70), Villán (m.88) e Ibrahima (m.90) nos visitantes.
Gol: 0-1, m.46: Mesfín.