Liga Nacional Xuvenil

Reparto de puntos nos Remedios

O Pabellón tivo que conformarse con un punto (1-1) cando xa saboreaba os tres na súa confrontación co Valladares na Liga Nacional Xuvenil.

Os visitantes conseguiron empatar o partido nos últimos instantes despois de que Miguel adiantase aos branquiverdes aos poucos minutos de iniciarse a segunda metade.

Antes, na primeira metade os de Iván Alonso foron de menos a máis despois dun mellor arranque do Valladares, aínda que non houbo claras ocasións de gol para uns e outros.

Miguel abriu o marcador nos primeiros minutos da reanudación

Na volta de vestiarios os pabellonistas, que tiveron que prescindir de Tiago por un golpe na testa, ofreceron a súa mellor versión. Aos catro minutos chegaría o tanto local e pouco máis tarde Cougil tivo o segundo pero o balón iríase fóra pegado ao poste dun xa batido Roi.

Os visitantes tiveron a súa mellor oportunidade nunha falta executada por Mario que petou pola parte superior do traveseiro. A resposta local non se fixo esperar e un disparo cruzado do recén incorporado Mauro obtivo resposta do meta rival desviando o balón co pé.

Álex Riveiro estivo moi activo na segunda parte

As dificultades aumentaron para os ourensáns coa lesión de Jorge nunha fase na que o Valladares dera un paso adiante na búsqueda do empate, que chegaría nos últimos momentos do partido ao aproveitar Tomás un rexeite á saída dunha falta para anotar. As cousas aínda puideron ser peor xa que Camilo evitaría o segundo do rival na mesma raia de gol.

Nos instantes finais ambos equipos quedarían cun home menos polas expulsións por dobre cartón de Mario nos pontevedreses e de Machaca nos ourensáns. Con este marcador os branquiverdes suman 15 puntos e na próxima xornada, última do ano 2023, visitan ao Boiro.

David intenta chegar a un balón ante a presenza dun rival

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Abraham, Jorge (Guzmán, m.77), Bugallo, Tiago (Camilo, m.46), Simón, Cougil, Soriano, Machaca, Miguel (Mauro, m.65), Álex Riveiro e David (Samuel, m.65).

CVC Valladares (1): Roi, Lucas (Ethan, m.77), Raúl (Telmo, m.55), Marcos, Javier, Antón (Izan, m.55), Pedro Nogueiras (Xian, m.77), Tobías, Mario, Tomás e Pedro Fernández (Rodrigo, m.55).

Árbitro: Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Rodríguez Fernández e Montero Álvarez (Comité Galego-Ourense). Expulsaron con dobre cartón amarelo a Machaca (m.45 e 90) nos locais e amonestaron a Marcos (m.40), Pedro Nogueiras (m.42), Pedro Ferández (m.46), Javier (m.74) e Tomás (m.89) nos visitantes, que sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo de Mario (m.79 e 90).

Goles: 1-0, m.49: Miguel. 1-1, m.89: Tomás.

Incidencias: Partido da décimoquinta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.