Liga Nacional Xuvenil

Punto a última hora para Xuvenil "A"

Reparto de puntos (1-1) entre Pabellón e Coruxo "B" nos Remedios nun partido da Liga Nacional Xuvenil no que os visitantes levaron maioritariamente a iniciativa.

Os branquiverdes puideron adiantarse no minuto inicial nunha acción de Samuel que disparou ao lateral da rede. Raúl tivo dúas ocasións avanzado o primeiro periodo paras os visitantes, nas que foron as ocasións máis claras desta fase.

Na segunda o Coruxo comezou moi forte na búsqueda dos tres puntos diante dun conxunto branquiverde que buscou nas contras a meta rival. A tres minutos do final Noé situaba o 0-1 no marcador e sobre a bocina Álex Rivero atinaba coa portería contraria para rescatar un punto.

Na próxima xornada o Pabellón repite nos Remedios contra o Valladares nun partido marcado para o domingo (12 horas).

Miguel e Soriano loitan por un balón cun rival

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Abraham, Jorge, Bugallo, Tiago, Simón, Mauro, Soriano, Machaca, Miguel (Cougil, m.60), Álex Riveiro e Samuel (David, m.68). 

Coruxo FC "B" (1): Mateo, Lucas (Ramón, m.75), José Ángel, Pablo Valverde (Noé, m.61), Mauro, Guillermo, Óscar (Fabián, m.61), Pablo Vázquez, Raúl (Dosantos, m.83), Gabriel e Samuel (Baisilio, m.61).

Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Blanco Alonso e Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron ao técnico Iván Alonso (m.62) e Machaca (m.70) nos locais.

Goles: 0-1, m.87: Noé. 1-1, m.89: Álex Riveiro.

Incidencias: Partido da décimocuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os capitáns de ambos equipos xunto ao trío arbitral