El tiempo
domingo. 05.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Saída en branco do Xuvenil "A"

Derrota do Pabellón no campo do Pontevedra (2-0) nunha nova xornada da Liga Nacional Xuvenil e despois de encaixar un gol en cada tempo. A primeira metade foi bastante disputada en sen apenas ocasións de gol. Ben e certo que a iniciativa era dos granates con máis posesión de balón pero sen levar perigo a meta de Abraham.

Cando o choque camiñaba cara ao descanso sen que se movese o marcador, os locais adiantaríanse cun gol de Saúl. A acción nace nun saque dende o curruncho e un despexe defectuoso caeu no punto de penalti para que o xogador pontevedres rematase ao fondo da rede.

Segundo tempo

Buscando maís profundidade ofensiva os pabellonistas sairon con dous trocos dando entrada a Jorge e Álex Riveiro. O equipo foi máis profundo e o equipo estivo ben nesa volta de vestiarios.

Foron pasando os minutos e o choque estaba aberto pero co marcador en contra para os pabellonistas, que comezaron a fraccionarse e nunha boa circulación do rival chegaría o segundo tanto granate obra de Guillermo. Os de Iván Alonso non baixaron a gurdia e houbo algunhas opcións para recortar distancias, a máis clara nun balón ao pao de David pero ata o final nada cambiou.

Na próxima xornada o Pabellón recibe ao Coruxo "B" no campo de Os Remedios na mañá do domingo.

Os capitáns de ambos equipos co trío arbitral

A xornada

O desenlace dos nove partidos deixou unha fin de semana de claro cor local con seis vitorias para os equipos que xogaban no seu campo por tan só dous dos quer xogaban a domicilio. A maiores houbo un empate.

Anotáronse un total de 36 goles dos que 20 foron dos conxuntos locais e 16 dos foráneos. Destacar que en dous partidos (Coruxo "B"-AJ Lérez e Victoria-UD Ourense) rexistráronse 8 tantos. Catro equipos quedaron sen marcar.

A xornada deixounos a primeira derrota do Deportivo "B" na visita ao Racing (1-0). Pese ao revés os herculinos seguen liderando a táboa (36 puntos) e son o equipo máis realizador (46) e o que menos encaixa (8) e por detrás ten ao Celta "B" (29). As dús prazas de ascenso seguen unha fin de semana máis en mans do Atlético Coruña Montañeros (25) e Conxo Santiago (22), istes on dous partidos menos.

Na parte baixa Bergantiños (10) e Boiro (8) ocupan as dúas prazas de descenso directo. A maiores Coruxo "B" e Lugo "B" vense afectados polos arrastres que provocan os seus primeiros equipos dende a División de Honra.

Borja Juste (Conxo Santiago) e Rubén Fernández (Deportivo "B") encabeza a táboa de goleadores con 13 tantos e Hugo Mato (Atlético Coruña) aparece no terceiro lugar con 12.

FICHA TÉCNICA

Pontevedra CF (2): Pedro, Adrián, Guillermo, Diego, Martín (David, m.64), Sergio (Pablo, m.86), Vallejo (Nacho, m.86), Saúl, Román, Hugo (Mateo, m.78) e Aarón (Leiva, m.64). 

Pabellón CF (0): Abraham, Mauro (David, m.78), Tiago, Bugallo, Simón, Cougil, Soriano, Machaca (Álex Riveiro, m.46), Ander, Miguel (Jorge, m.46) e Samuel (Peke, m.66).

Árbitro: Miguel Oliveira Dios, asistido nas bandas por Barreiro Viñas e Franco Echeverri (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Adrián (m.71) nos locais e a Cougil (m.24) nos visitantes. 

Goles: 1-0, m.37: Saúl. 2-0, m.72: Guillermo.

Incidencias: Partido da trixésima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Manolo Barreiro 2 en Pontevedra.

Saída en branco do Xuvenil "A"