El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Vitoria do Xuvenil "A" para tomar aire

Despois de dous reveses consecutivos o Pabellón apuntouse unha necesaria vitoria (2-0) nun perigoso partido contra o Porriño Industrial no campo de Os Remedios para manterse a unha distancia prudente da zona vermella do Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil.

Saiu mellor o cadro visitante, al menos mantendo máis a posesión do balón, pero coa sensación de que estaban máis entonados a portería de Abraham apenas viviu accións de perigo, o máis problemático as accións a balón parado ben resoltas defensivamente.

Pola contra, foron os branquiverdes quenes crearon oportunidades para haber tomado vantaxe no marcador. Un par de disparos de Cougil, outro de Soriano e un testarazo de Samuel deron o aviso, pero pasaron os minutos para chegarse ao descanso sen goles.

Manu Cougil abriu o marcador mediada a segunda parte cun bonito gol

Segundo tempo

Con dous trocos nas filas visitantes comezaría a reanudación cun conxunto local máis entonado. Chegarían novas oportunidades en sendos remates de Samuel e un disparo alto de Miguel.

Pisando o ecuador deste periodo chegaría o primeiro tanto pabellonista nunha acción máxica de Cougil. O branquiverde sacudiuse a tres defensores cun fino taconazo e coa perna esquerda batía a Davila por alto.

O partido púxose máis de cara para os de Iván Alonso tres minutos despois co segundo tanto nun remate de Samuel. Con vinte minutos por diante o Porriño intentou meterse no choque cun gol e os ourensáns trataron de pechar o encontro cun terceiro tanto, pero o marcador non se movería máis para alegría da parroquia local.

Na próxima xornada o Pabellón rinde visita ao Pontevedra, co que está empatado a puntos (13).

Samuel fixo o segundo tanto dos branquiverdes

A xornada

Desenlace de claro color local nesta fin de semana con seis triunfos para os equipos que xogaban na casa e soamente dous para os que o facían a domicilio. Non houbo empates. Os oito partidos deixaron 26 goles dos que 19 foron para os conxuntos anfitrións e 8 para os foráneos. Cinco escuadras quedaron sen anotar.

No máis alto da clasificación está o Deportivo "B" cun pleno de doce triunfos (36 puntos) e dez de vantaxe sonbre o Celta "B" (26), o seu inmediato perseguidor. Os herculinos son o equipo máis realizador con 47 dianas e o que menos encaixa con 7.

As dúas prazas de ascenso seguen en mans do Atlético Coruña Montañeros (22) e Conxo Santiago (21). Os santiagueses caeron nesta fin de semana contra pronóstico no campo do Boiro, que co triunfo abandonou o farolillo vermello do grupo.

Porriño (8) e Bergantiños (5) ocupan a dúas posicións de descenso directo ao tempo que o Coruxo "B" sofre o arrastre do seu primeiro equipo dende a División de Honra. A táboa de goleadores segue liderada por Rubén Fernández (Deportivo "B") con 13 tantos e scundado por Borja Juste (Conxo Santiago) con 12.

Partidos aprazados

Xa teñen data os cinco partidos que foron aprazados no seu día polas adversas condicións climatolóxicas:

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Abraham, Mauro, Tiago, Bugallo, Simón, Miguel (Álex Riveiro, m.70), Soriano, Machaca (Peke, m.81), Ander, Cougil e Samuel (David, m.84). 

Porriño Industrial (0): Davila, Álex (Nacho, m.46), Miguel (Martín, m.46), Pedro, Elías, Iago, Xabier (Dani, m.81), Diego (Miguel, m.72), Ismael, Iker e Hugo (Couñago, m.72).

Árbitro: Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Daniel Cabano e David Guzmán (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Simón (m.81) nos locais e a Hugo (m.42) e Pedro (m.68) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.66: Cougil. 2-0, m.69: Samuel.

Incidencias: Partido da duodécima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Municipal de A Cheda en Lugo.

Os capitáns de ambos equipos co trío arbitral
Vitoria do Xuvenil "A" para tomar aire