El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Revés do Xuvenil "A" en Lugo

O Pabellón non foi capaz de puntuar (3-0) na súa visita ao Lugo "B", onde caeu de forma clara, al menos polo marcador final, no choque da Liga Nacional Xuvenil disputado no campo de A Cheda.

Foi a primeira vitoria dos albivermellos como local xa que ata este partido soamente colleitara dous empates. Os lucenses tomaron vantaxe no tramo final da primeira metade, marchándose ao descanso con vantaxe mínima co gol de Martín.

Nos dez primeiros minutos da segunda metade o Lugo ampliaría distancias no marcador cun tanto de Lucas e cando o partido estaba a punto de rematar chegaría o terceiro por medio de Fiovert, que apenas levaba uns minutos no campo. O próximo domingo o Pabellón recibe a visita do Porriño Industrial nos Remedios. 

A xornada

Moitos goles, 40, nos oito partidos da fin de semana nos que houbo equilibrio. Os equipo que xoagaron no seu campo anotaron 21 tantos e os forasteiros 19. O desenlace dos encontros deixou catro vitorias locais, un empate e catro triunfos visitantes.

A confrontación entre Atlético Coruña Montañeros e Ural Español foi o máis productivo en goles despois de que entre ambos conxuntos marcasen sete dianas con vitoria visitante.

O Deportivo "B" segue sendo a escuadra que máis porteria ve con 47 tantos e tamén, xunto ao Conxo Santiago, os que menos encaixan con tan só 7 goles.

Precisamente o cadro deportivista é o incuestionable líder cun pleno de triunfos nas once xornadas disputadas e cunha vantaxe de dez sobre o seu inmediato perseguidor, o Celta "B". As dúas prazas de ascenso son para Conxo Santiago e Atlético Coruña Montañeros.

As dúas prazas de descenso directo están ocupadas por Bergantiños e Boiro, mentres que o Coruxo "B" segue sufrindo o arrastre do seu primeiro equipo dende a División de Honra. A táboa de goleadores está encabezada por Borja Juste (Conxo Santiago) e Rubén Fernández (Deportivo "B") ambos con 12 dianas.

FICHA TÉCNICA 

CD Lugo "B" (3): Jairo, Ferreirós, Varela (Adrián, m.75), Eneko (Aarón, m.75), Xabier Tubio, Lucas (Diego, m.88), Xavi, Xabier Valiña (Fiovert, m.81), Martín, Sergio e Andrés (Mateo, m.81).

Pabellón CF (0): Abraham, Mauro (Adrián, m.46) (Guzmán, m.80), Simón, Buagllo, Camilo, Machaca, Miguel, Soriano, Peke (Ander, m.80), Cougil e Álex Riveiro (Samuel, m.57).

Árbitro: Iván Abel Bruzos, asistido nas bandas por Alberto Blanco e José Adrián Rodríguez (Comité Galego-Lugo). 

Goles: 1-0, m.38: Martín. 2-0, m.56: Lucas. 3-0, m.90: Fiovert.

Incidencias: Partido da undécima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Municipal de A Cheda en Lugo.

Revés do Xuvenil "A" en Lugo