El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

De momento, toca sufrir

O Pabellón non puido encadear unha segunda vitoria consecutiva na Liga Nacional Xuvenil ao caer (1-2) no campo de Os Remedios contra o Conxo Santiago. Os visitantes estiveron mellor que o conxunto branquiverde durante gran parte do choque e na primeira metade levou moito perigo á meta de Abraham.

Sen embargo, foi cun penalti orixinado nunha loita polo balón entre defensor e atacante o que puxo por diante aos santiagueses ao trasnformalo Borja pisando os dez minutos de xogo. No primeiro acto os de Iván Alonso dispouxeron de dúas ocasións para anotar con sendos disparos curzados de Simón e Miguel.

Reanudación con duro golpe

Na segunda metade os loctarios recibiron un duro golpe ao encaixar o segundo tanto do rival con apenas dous minutos de xogo nun remate de Iker, que acaba de incorporarse dende o banquillo. Foi un dura mazazo pero con moito tempo por diante os pabellonistas trataron de reporse e que mellor que un gol para meterse no partido.

Iso foi o que conseguiu co 1-2 de Cougil con moitos minutos por diante para intentar, polo menos, rescatar un punto. Pese a contar con algunhas ocasións, ao igual que os santiagueses, o marcador non se movería máis e os puntos levounos o rival.

Na próxima data do calendario o Pabellón rinde visita ao Lugo "B" no campo Municipal de A Cheda.

A xornada

A borrasca Domingos levou ao aprazamento de tres partidos nesta fin de semana: Bergantiños-AJ Lérez, Ural Español-Alondras e Valladares-Victoria.

Soamente se xogaron seis partidos nos que os equipos visitantes leváronse a palma con catro vitorias por dúas dos locatarios. Non houbo empates. Houbo 19 goles dos que 6 foron para os conxuntos locais e 13 para os que xogaron a domicilio. Catro equipos non conseguiron anotar.

A destacar o triunfo do Deportivo "B" na Madroa sobre o Celta "B" que deixa aos herculinos, o equipo máis realizador (37) e o que menos encaixa (5), más que líderes da categoría cun pleno de vitorias nas dez xornadas disputadas e cunha vantaxe de dez puntos sobre os vigueses.

As dúas prazas de ascenso están ocupadas por Atlético Coruña Montañeros (19) e Conxo Santiago (18), neste caso cun partido menos.

Nas dúas posicións de descenso directo están situados Lugo "B" (5) e Boiro (5). O único arrastre dende a División de Honra afecta ao Coruxo "B" polo seu primeiro equipo. 

O máximo goleador da categoria é Rubén Fernández (Deportivo "B") con 11 goles e na segunda posición está Borja Juste (Conxo Santiago) con 10 dianas.

FICHA TÉCNICA 

Pabellón CF (1): Abraham, Mauro, Bugallo, Camilo, Simón, Cougil, Soriano, Machaca, Miguel (Adrián, m.75), Samuel (David, m.60) e Álex Ribeiro (Peke, m.55).

CD Conxo Santiago (2): Pablo, Iago, Adrián, Brais, Nico, Martín (Gonzalo, m.67), Mayán, Hugo (Rubén, m.60), Pedro (Aitor, m.60), Arón (Cristian, m.46) e Borja (Iker, m.46).

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Pablo Graña e Marco Ricigliano (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Soriano (m.68) e Mauro (m.90) nos locais e a Hugo (m.45) e Nico (m.79) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.9: Borja, de penalti. 0-2, m.47: Iker. 1-2, m.67: Cougil.

Incidencias: Partido da décima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

De momento, toca sufrir