El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil "A" regresou de vacío de Cangas

Regresou de vacío o Pabellón na visita ao Alondras (2-0) na Liga Nacional Xuvenil despois de encaixar un gol nos últimos minutos da primeira metade e unha segunda diana no arranque do segundo tempo que puxo as cousas moi costa arriba.

Os branquiverdes, cun par de baixas, tiveron que recompoñer liñas coa prematura lesión de Bugallo (m. 23). Os cangueses levaron sempre a iniciativa e apenas deron opcións aos pabellonistas, que fóra da casa lles está a costar moito.

A maiores o equipo tivo que xogar uns vinte minutos cun home menos pola expulsión de Mauro por dobre amonestación.

Na próxima data do calendario reciben no campo de Os Remedios ao Atlético Coruña Montañeros, que ten tres puntos máis que os de Iván Alonso.

A xornada

A sétima data da competición deixounos un desenlace totalmente caseiro. Oito vitorias locais e soamente un triunfo visitante, o do Bergantiños en Fragoselo, nos nove partidos. Non se rexistraron empates.

Houbo 35 goles, pese a que seis equipos non anotaron, dos que 31 foron para os anfitrios e 4 para os forasteiros e o máis aplicado foi o Celta "B" cos 9 que lle endosou á UD Ourense. Os celestes é a terceira vez que golean na Madroa e polo tanto son os máis realizadores con 32 dianas.

Defensivamente tanto Deportivo "B", que é o líder, como os célticos, soamente encaixaron 3 tantos en sete partidos. A dúas prazas de ascenso están copadas por Conxo Santiago (14 puntos) e AJ Lérez (13).

Boiro (5) e Lugo "B" (3) son os dous conxuntos nas prazas de descenso directo. Mentres, o Coruxo "B" tamén perdería a categoría arrastrado polo seu primeiro equipo na División de Honra.

FICHA TÉCNICA 

Alondras CF (2): Nico, Freire, Manuel, Samuel (Gabriel, m.76), Adrián, Pablo (Pedro, m.76), Víctor, Mateo (César, m.84), Hermelo, Iker (Miguel, m.84) e Diego (Nicolás, m.69).

Pabellón CF (0): Raúl, Tiago, Bugallo (Adrián, m.23), Unai, Simón, Ander (Camilo, m.69), Soriano, Mauro, Cougil, Peke (Samuel, m.54) e Miguel (Álex Riveiro, m.54).

Árbitro: Jorge Chan Pérez, asistido nas bandas por Álvaro Solla e Sergio Lorenzo (Comité Galego-Pontevedra). Amonestou a Manuel (m.44) nos locais e a Camilo (m.90) nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión de Mauro (m.63 e 71) por dobre cartón amarelo.

Goles: 1-0, m.41: Manuel. 2-0, m.47: Pablo.

Incidencias: Partido da sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de O Morrazo en Cangas..

O Xuvenil "A" regresou de vacío de Cangas