Liga Nacional Xuvenil

Traballada vitoria do Xuvenil "A" cun home menos

O Pabellón apuntouse os tres puntos (2-0) diante do Racing de Ferrol no partido da Liga Nacional Xuvenil disputado no campo de Os Remedios para sumar 7 puntos despois de dúas derrotas consecutivas anteriormente.

Na primeira metade os branquiverdes dispuxeron de varias ocasións para marcharse ao descanso cunha renda maior.

Tres paradas do meta visitante Ismael con márchamo de gol  e un balón ao traveseiro de Peke foron oportunidades moi claras.

Pola súa parte, os ferroláns gozaron dunha única oportunidade nun disparo dende fóra do área de Axel.

Peke foi o autor do primeiro tanto e tivo un segundo pero o balón petou no pao

Na segunda metade as cousas complicaríanse aos once minutos coa expulsión por dobre cartulina de Machaca. Antes, os departamentais moveron pezas con dous cambios para tratar de revertir a situación e os pabellonistas diron entrada a Tiago polo lesionado Jorge.

Con inferioridade numérica non quedou outra que defender con uñas e dentes a vantaxe mínima e tratar de incrementala nalgunha contra.

Para iso entrou Samuel, que conseguiría apaciguar o sufrimento anotando o segundo tanto a escasos instantes do final do encontro. Antes houbera oportunidades para uns e outros.

Na próxima data o Pabellón visita ao Alondras no Morrazo. Os cangueses teñen un punto máis na táboa clasificatoria.

O bravo centrocampista local Machaca foi expulsado por dobre cartón amarelo no minuto 56

A xornada

Os nove partidos da sexta data de comptición deixaron 35 goles nas cinco vitorias locais, un empate e dous triunfos dos equipos que actuaban como visitantes.

O Deportivo "B" foi o máis aplicado ao anotar oito goles en Boiro e seguen como líderes da táboa clasificatoria incrementando a súa vantaxe a cinco puntos sobre un Celta "B" que tivo que conformarse cun empate moi a última hora no campo do Ural.

Conxo Santiago e AJ Lérez ocupan as dúas prazas de ascenso á División de Honra xa que o Coruxo "B" segue afectado polo arrastre que provoca o seu primeiro equipo dende a División de Honra. Bergantiños e Lugo "B" copan as posicións de descenso directo xunto ao arrastre do Coruxo "B".

FICHA TÉCNICA 

Pabellón CF (2): Abraham, Jorge (Tiago, m.46), Bugallo, Unai, Soriano, Machaca, Mauro, Cougil (Adrián, m.76), Simón, Miguel (Ander, m59) e Peke (Samuel, m.69). 

Racing (0): Ismael, Diego Miranda, Joel, Diego Rey, Nico (Yaderson, m.63), David Carballo, Daniel (Lucas, m.63), David López, Bruno (Tenreiro, m.46), Sergio e Axel (Hugo, m.46).

Árbitro:  Adrián Rodríguez, asistido nas bandas por Xoel Pintos e Gabriel Márquez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Soriano (m.46) e Mauro (m.90+3) nos locais, que sufrion a expulsión por dobre cartón amarelo de Machaca (m.37 e m.56). Nos visitantes foron amonestados David Carballo (m.68) e David López (,.85).

Goles: 1-0, m.5: Peke. 2-0, m.88: Samuel.

Incidencias: Partido da sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os capitáns de ambos equipos xunto a trío arbitral