Liga Nacional Xuvenil

Saída en branco do Xuvenil "A" no campo do AJ Lérez

Terceira derrota consecutiva dos branquiverdes despois de caer (1-0) co AJ Lérez na quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil disputado no campo Manolo Barreiro 2.

O gol que acabaría decidindo o choque chegaría no último minuto da primeira metade ao culminar Aarón unha contra dos pontevedreses. Na reanudación os branquiverdes buscaron unha igualada que finalmente non chegou.

Na próxima xornada os pabellonistas, que suman 4 puntos, reciben a visita do Racing de Ferrol no campo de Os Remedios.

A xornada

Os oito partidos da fin de semana deixaron catro vitorias locais, un empate e outros catro triunfos para os visitantes. No aspecto goleador foi unha xornada moi destacada nese aspecto xa que se anotaron 35 tantos, dos que 10 foron a cargo do Celta "B" nas instalacións de A Madroa contra o Boiro.

líder segue sendo o Deportivo "B" cun pleno de vitorias para sumar 15 puntos e as dúas prazas de ascenso están ocupadas nestes momentos por AJ Lérez e Conxo Santiago xa que o Coruxo "B", actulamente terceiro, non podería dar o salto á División de Honra ao ter o seu primeiro equipo nesa categoría.

Na parte baixa da táboa Lugo "B" e Pontevedra están nas dúas posicións de descenso directo e unha terceira posición, por arrastre, afectaría ao Coruxo "B" como consecuencia da situación do seu primeiro equipo na División de Honra.

FICHA TÉCNICA

AJ Lérez (1): Hugo, Iván, Lucas, Carlos, Rubén (Jaime, m.46), Daniel, André (Martín, m.46), Jorge (Rodrigo, m.90), Pablo Álvarez, Aarón (Alejandro, m.71) e Pablo Pérez. 

Pabellón CF (0): Abraham, Jorge, Unai, Bugallo, Simón, Adrián (Peke, m.46), Machaca (Miguel, m.5), Soriano, Mauro (Ander, m.81), Cougil e Samuel (Tiago, m.68).

Árbitro: Álvaro Juncal Moreira, asistido nas bandas por Sergio Doval e Rubén Covelo (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Pablo Álvarez (m.57) e Iván (m.73) nos locais e a Machaca (m.45) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.45: Aarón.

Incidencias: Partido da quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Manolo Barreiro 2 de Ourense.