Liga Nacional Xuvenil

A derrota do Xuvenil A co Dépor B deixa o ascenso lonxe

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil caeu nos Remedios (2-3) contra o Deportivo B e prácticamente perdeu toda opción a pelexar por unha das dúas prazas de ascenso á División de Honra.

A derrota dos branquiverdes, que acen a sétima prazas (49 puntos), unido ás vitorias de Choco (57), Pontevedra (56), Val Miñor (55) e incluso o Valladares (51), deixan aos de David Carnero a oito do conxunto de redondelán e a sete dos granates cando restan cinco xornadas para rematar a competición.

Os pabellonistas comezarían adiantándose no marcador cun tanto de Justino, pero un tanto en propia meta e un gol tras un discutido penalti ejecutado por Héctor, permitiron que os deportivistas lle deran a volta ao marcador chegándose ao descanso cun favorable 1-2.

Na segunda metade os locatarios sairon á búsqueda dun gol que neutralizase a renda rival e iniciar un novo partido, pero despois de varias oportunidades para uns e outros, Héctor anotaría o terceiro dos herculinos.

Aarón de falta directa puxo emoción co 2-3 a un final de partido cargado de cartulinas amarillas e vermellas e no que o marcador non se movería máis. Na próxima xornada o campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá o derbi capitalino coa visita da UD Ourense.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Carra, Dámaso, Manu, Unai (Iago Outeiriño, m.55), Mociño (Aarón, m.75), Justino, Saúl (Juan Pablo, m.75) Esteban, Sergio (Fernando, m.61) e Carlos (Amills, m.61).

RC Deportivo B (3): Aitor, Pablo, Hugo, Jacobo, Samuel (Adrián, m.61), Dani, José (Rubén, m.79), Samu Vázquez (Noé, m.67), Mesfin (Javi, m.79), Zoe e Héctor (Carlos, m.79).

Árbitro: Ferández Otero, asistido nas bandas por Sierra Fernández e Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Saúl (m.36), Manu (m.75), Aarón (m.86) nos locais, que sufriron as expulsións por dobre cartón amarelo de Carra (m.90) e o adestrador David Carnero (m.90). Samuel (m.57) e Zoe (m.85) foron amonestados nos visitantes xunto ao adestrador José Miguel Figueira (m.65) e con cartón vermello directo ao preparador físico Antonio Ventura (m.89).

Goles: 1-0, m.6: Justino. 1-1, m.33: Manu (pp). 1-2, m.39: Héctor, de penalti. 1-3, m.72: Héctor. 2-3, m.86: Aarón.

Incidencias: Partido da xornada vinte e nove da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.