El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

O Pabellón remata a fase regular con vitoria ante o Val miñor (3-2)

J18-PabellónCF-ValMiñor_3
J18-PabellónCF-ValMiñor_3

Vitoria importantísima dos rapaces de Cándido Gómez na derradeira xornada de liga que si prospera o recurso por alineación indebida do Conxo podería rematar quinto e salvar a categoría matemáticamente.

Ficha Técnica:

Pabellón CF: Alberto, Ribao, Civile (Juan 86'), Coello, José, Aarón (Marcos 51'), José Ramón, Osian (C), Iker Rodríguez, Parrilla y Víctor.

ED Val Miñor: Hugo, Rodri (Andrés 46'), Mario, Carlos, Raúl, Noel (C), Jowy (Aarón 46'), Aitor, Jorge, Dani Pascual (Alejandro 81') y Rubén (Pablo 81').

Goles: 1-0 Osian min 6; 1-1 Jorge min 20 (pen); 2-1 José min 24;  2-2 Mario min 50; 3-2 José min 90.

Árbitros: Adrián Estevez, Omar Diallo, Avelino García del Colegio Gallego.

Incidencias: partido correspondente a xornada 18 da División de Honra Xuvenil disputado no campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense ante 100 siareiros.

 

Vitoria emocionante, sufrida, traballada, e sobre todo merecida, do noso xuvenil da División de Honra ante a ED Val Miñor nunha mañá soleada de domingo que pudieron disfrutar 100 siareiros dende as bancadas. Vitoria que pode dar a quinta praza ao Pabellón CF, que ocupa nestes intres o Ural con 25 puntos, tres máis ca os ourensáns, se chegan a prosperar as alegacións pabellonistas por suposta alineación indebida no partido disputado en Santiago ante o Conxo.

 

O Pabellón sae mellor e domina

Comenzaba dominando o equipo branquiverde que sala moi intenso e metido no encontro. José xa avisaba no minuto 2 das intenciones locais pero o seu disparo saía demasiado cruzado. O Pabellón CF presionaba arriba a saída de balón do Val Miñor e achuchaba os visitantes que non eran capaces de quitarse a presión local. No minuto 6 Osián reclamaba o premio o esforzo e tras un centro dende a banda empalma unha gran volea vai directa a rede de Hugo e ponía o 1-0 no electrónico. 

O gol espertaba o Val Miñor que pouco a pouco ía saíno da súa área. No minuto 20 erro no medio campo ourensán que provoca un dous para un na banda e Victor chega tarde e derriba o dianteiro vermello, penalti que se encarga de transformar Jorge. O Pabellón segue co dominio e no 24' José marcaba dun gran cabezazo un centro lateral tras un saque de falta. O técnico visitante da unha volta de tuerca e pasa a xogar máis directo de cara a porta pero sen crear excesivo perigo.

 

Xusto premio o esforzo

Tras el paso por vestuarios e mientras o equipo local se recolocaba tras o cambio de Aaron chegou o empate visitante por medio de Mario tras un saque de falta lateral. O Pabellón parecía que acusaba o mazazo e o Val Miñor aproveita para subir liñas pero sen crear ocasions que puxeran en perigo a meta de Alberto. Mediado o período os de Cándido aceleran e comezan de novo a crear ocasións, José en dúas ocasións, José Ramón a porta vacía e Osián bombardeaban a meta de Hugo ata que no minuto 90 José daballe un xusto premio os ourensáns nun partido traballado de principio a fin.

 

Resto da xornada

Jornada 18 (21-03-2021)

URAL C.F.     0-2  R.C. DEPORTIVO 
C.D. LUGO    5-0 RACING FERROL 
C.D. CALASANZ    2-0 C.D. CHOCO 
C.D. CONXO    0-3 R.C.CELTA 
PABELLON C.F    3-2 E.D. VAL MIÑOR

 

CLASIFICACIÓN (a falta da resolución do partido ante o Conxo)

Equipos Partidos
   Pts PJ PG PE PP
  R.C. DEPORTIVO S.A.D.  45 18 14 3 1
  R.C.CELTA S.A.D.  43 18 14 1 3
  E.D. VAL MIÑOR 30 18 8 6 4
  C.D. LUGO  29 18 9 2 7
  URAL ESPAÑOL C.F.  25 18 7 4 7
  PABELLON C.F.  22 18 7 1 10
  C.D. CALASANZ  20 18 5 5 8
  C.D. CHOCO  16 18 4 4 10
  C.D. CONXO SANTIAGO  13 18 2 7 9
  10  RACING CLUB FERROL  8 18 1 5 12

 

 

 

O Pabellón remata a fase regular con vitoria ante o Val miñor (3-2)