viernes. 05.03.2021 |
El tiempo
viernes. 05.03.2021
El tiempo

O Racing de Ferrol neutraliza a boa xeira do Pabellón CF

J15-Pabellón-Racing_6
J15-Pabellón-Racing_6
O noso Xuvenil "A" viuse sorprendido por o colista da División de Honra Xuvenil (1-2), o Racing de Ferrol. A pesares da derrota o equipo dirixido por Cándido Gómez segue en postos de Playoff.

Ficha Técnica

Pabellón CF: Alberto, Martínez, Ribao, Coello, José, José Ramón (Victor 72'), Osián (C), Iker Rodríguez,  Pablo Hermida, (Blanco 72') Parrilla e Iker Baltar (Fernandez 61').

Racing de Ferrol: Alejandro, Mario, David, Daniel, Luis Miguel, Yago, Hugo, Alejandro, Tadeo, Segio e Brais (C) 

Goles: 0-1 David 17´;  0-2 Hugo 55´; 1-2 Ribao 80´.

Árbitro: José A. Fernández. Asistentes: Avelino García, Rubén Castro

Incidencias: 15ª xornada da Liga de División de Honra Xuvenil disputada no campo Miguel Ángel - Os Remedios a porta pechada por medidas sanitarias.

 

O Pabellón sabía, como xa amosaran na primeira volta, que o Racing non era un equipo sinxelo de gañar, correoso, duro e coa suficiente velocidade arriba para poñer en perigo a meta de Alberto. David aproveitaba o saque ducha falta para adiantar a os ferroláns e romper así o dominio e o control do partido que tiñan os ourensáns ata ese instante.

Os locais reaxustan liñas e volven a facerse co control do partido tendo varias aproximaciones de perigo que só o a boa fortuna visitante impediu que acabase o esférico na rede. 

J15-Pabellón-Racing_1

Dominio local sen premio

Tras o paso por vestuarios, mesma tónica, o Pabellón achucha e o Racing deféndese moi ordenado esperando unha contra. O Racing de Ferrol moveu o banco e o seu técnico puxo ao dianteiro Pablo, un fixo nos entrenos do equipo de Segunda B, que terminaría sendo clave na consecución do segundo tanto. Nunha rápida contra Pablo colocou unha gran asistencia para que Hugo, entrando á área pola banda dereita cruzase o seu tiro ante o achique de Alberto, colocando así o 0-2.

J15-Pabellón-RacingOs de Cándido botan o resto e Ribao, que estaba de dianteiro, aproveita un rechace para recurtar distancias e poñer esperanza e emoción o resto do partido. Pero os nervios de verse por detrás no marcador xogaban unha mala pasada e José acabaría sendo expulsado. 

 

Sexta derrota que deixa os branquiverdes quintos con 16 puntos, tres más ca CD Calasanz e 4 menos ca CD Lugo, con quen precisamente xoga (12:00 horas) este martes de Carnaval o partido aprazado da xornada 12. CLASIFICACIÓN

 

A Xornada

Xornada 15 (14-02-2021)

PABELLON OURENSE C.F.    1    2 RACING CLUB FERROL 
C.D. CHOCO      Aplz   R.C. DEPORTIVO S.A.D. 
R.C.CELTA S.A.D.    4    2 URAL ESPAÑOL C.F. 
E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN    1    0 C.D. LUGO 
C.D. CONXO SANTIAGO    0    0 C.D. CALASANZ 

 

 

 

 

O Racing de Ferrol neutraliza a boa xeira do Pabellón CF