martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Vacina de moral para o Xuvenil "A" no campo de A Grela

Vitoria importatísima (1-2) do Pabellón CF na visita ao Ural CF no campo de A Grela en A Coruña despois de dúas derrotas consecutivas no peche do ano pasado.

O equipo non puido comezar mellor o 2021, e ao tempo a segunda volta, facéndose con tres puntos de moitísimo valor. José e Ribao anotaron os tantos ourensáns.

Ficha técnica

Ural C.F. (1): Adri Castro, Chans, Lago, Diego (Miguel, m.58), Coba (Edu, m.58), Jorge (Iago, m.76), Chucas (Abi, m.76), Melide, Merelas, Anthony (Gabriel, m.60) e Álex.

Pabellón CF (2): Alberto, Martínez, Ribao, Coello, Víctor (Esteban, m.62), Aarón, Parrilla, José Ramón (Juan, m.79), Osián (Pablo, m.88), José e Iker.

Árbitro: Bruno Méndez Castro, do Colexio de A Coruña. Amonestou a Juan nos visitantes.

Goles: 0-1, m.21: José. 1-1, m.66: Álex. 1-2, m.74: Ribao.

Incidencias: Partido correspondente á décima xornada de liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo de A Grela en A Coruña.

Comentario: O partido era vital para que os pabellonistas sumasen tres puntos máis na súa conta e de paso non perder de vista ás cinco primeiras prazas do grupo que conlevan a salvación directa de cara á segunda parte do campionato que será infernal.

Con esta posta en escea os de Cándido Gómez sairon moi metidos na cita non concedendo opcións a un rival que aínda se xogaba moito máis, nese momento a un punto dos branquiverdes na táboa. O Pabellón aproveitou certa desconfianza nos herculinos para levar o perigo á meta local e nunha delas un balón lateral servido por Osián foi rexeitado con problemas por Adri Castro e alí estaba presto ao remate José para levar o balón ao fondo da rede para colocar o 0-1 no marcador.

Esta acción serviría para insuflar máis confianza e seguridade aos ourensáns e levar aínda máis desconfianza no Ural. Ata o final da primeira metade os locatarios quixeron pero non puideron xa que a labor defensiva dos pabellonistas non concedía ocos para crear accións claras de perigo. Con esa mínima renda visitante chegaríase ao descanso.

O Ural, a por todas
No retorno de vestiarios esperábase unha aposta ofensiva dos coruñeses e así foi, sairon a por todas. O choque entraría nunha fase de ida e volta pero sen que unha e outra portería pasasen por situacións complicadas. Sen embargo, case no ecuador deste segundo periodo un balón á espalda  da zaga branquiverde aproveitaría Álex para igualar o partido (1-1). Non variaron moito as cousas coas táboas no marcador ata que nun saque dende o curruncho Ribao conseguía o segundo tanto visitante para situar o 1-2 a apenas un cuarto de hora do final.

O gol foi un mazazo para o Ural, que non tivo outra opción que poñer toda a carne no asador na búsqueda de, polo menos, conseguir a igualada e pensar nunha posterior remontada. Os herculinos deixaron moitos ocos na defensa e nunha contra o disparo de José foi desviado por un defensor na raia de gol nunha acción que puido ser a puntilla.

Nos últimos minutos o conxunto local recurriu a un fútbol directo colgando balóns sobre o área defendida por Alberto, pero os seus compañeiros de defensa, un dos seguros de vida deste equipo, abortou calquera situación de perigo e con iso manter unha vitoria importantísima. O triunfo sitúa ao Pabellón con 13 puntos na quinta praza. Na próxima xornada reciben no Miguel Ángel-Os Remedios ao RC Celta, líder do grupo. Ver clasificación.

A xornada
O comezo da segunda volta na décima data de competición deixou estes marcadores: RC Celta 4-1 ED Val Miñor; Racing Ferrol 1-1 CD Calasanz; CD Choco 3-1 CD Conxo Santiago; Ural CF 1-2 Pabellón CF; RC Deportivo-CD Lugo (3-0).

Vacina de moral para o Xuvenil "A" no campo de A Grela