martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O meta herculino e a mala sorte evitaron un marcador moi diferente

J8-PabellónCF-Dépor_15
Máis que inxusta derrota do Pabellón CF nos Remedios (2-3) diante dun RC Deportivo que estivo acompañado pola fortuna durante todo o partido, levándose tres máis que excesivos puntos. O meta visitante Brais e a falta de puntería evitaron que o marcador fose outro moi diferente.

Ficha Técnica:

Pabellón C.F. (2): Alberto, Martínez, Víctor (Pablo, m.58), Yago, José Ramón (Iker Baltar, m.80), Coello, Aarón (Muiños, m.70), Parrilla, Iker (Marco, m.80), Osián e José.

R.C. Deportivo (3): Brais, Víctor, Mauro, Nico, Barcia, Brais Val, Cristian (Carlos, m.79), Urdiales (Seydi, m.90+2), Noel (Hugo, m.79), Nájera (Mario, m.58) e Peke (Diego, m.90+2).

Goles: 0-1, m.3: Coello, en propia meta. 1-1, m.20: José. 1-2, m.34: Cristian. 1-3, m.64: Barcia. 2-3, m.88: Parrilla.

Árbitros: José Antonio Fernández Rodríguez, do Colexio de Ourense. Amonestou nos locais a Muiños e nos visitantes a Mario.

Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada de Liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense.

Comentario: Nada máis comezar o partido unha acción desafortunada puxo por diante ao Deportivo cando un defensa local enviou un pase ao porteiro que acabaría introducíndose na portería para o 0-1.

J8-PabellónCF-Dépor_14

Os pabellonistas non se viñeron abaixo e comezaron a ter ocasións moi claras por medio de José e Osián pero o porteiro deportivista estivo moi inspirado e acabaría sendo o mellor do seu equipo.

Tanta insistencia permitiu que José conseguise igualar cun disparo cruzado despois dun servizo de José Ramón. O tanto chegaba apenas traspasado o primeiro terzo deste periodo inicial e incluso houbo dúas novas oportunidades para situarse por diante. A primeira protagonizada polo goleador pabellonista, que acabaría no chan ao borde do área sin que se sinalase nada despois de roubar un balón e encarar ao meta rival.

J8-PabellónCF-Dépor_12

Noutra acción de José, iste habilitou un pase interior a Osián pero o seu disparo foi desviado polo porteiro cun pé cando se cantaba o gol. Sen embargo á media hora de xogo, os locatarios recibirían outro duro golpe ao encaixar o segundo tanto do Deportivo.

Unha falta lateral na que se esperaba un centro ao área ourensán, foi sacada en curto para habilitar a Cristian fóra do área e cun disparo alto batía a Alberto: 1-2. Cun chut a portería en media hora, os visitantes xa tiñan dous goles no seu haber. Outra vez tocaba repoñerse ao mazazo e houbo ocasións para con seguir o igualada pero unha vez mais o meta deportivista seguía inspirado. Os de Cándido Gómez disfrutaron de dúas novas oportunidades antes do descanso nas botas de Osián.

J8-PabellónCF-Dépor_20

Na segunda metade os pabellonistas saíron dispostos a igualar o partido e tiveron ocasións suficientes inclusive para darlle a volta ao marcador, pero nunha a falta de acerto e noutras un inspirado Brais evitárono. Sería o Deportivo nun saque de esquina quen lograría ao 1-3 cunha efectividade do 100% nos seus tiros a portería. Aos franxiverdes tocáballes repoñerse dun novo golpe anímico que non facía xustiza aoos seus méritos.

Despois duns minutos de estado de shock nos pabellonistas polo que estaba a acontecer, houbo ata cinco ocasións claras pero a fortuna seguía acompañanado ao Deportivo. Os locais tentárono ata o final e conseguiron reducir distancias (2-3) por medio de Parrilla pero non houbo tempo para máis despois de acorralar os loctarios ao rival. Resultado inxusto para un conxunto local que mereceu un resultado positivo polo visto no terreo de xogo.

O público agradeceu o esforzo realizado por todo o equipo lamentándose da mala fortuna aplaudindo en pé aos seus ao rematar o partido. Habíano dado todo sen merecido premio. Na próxima xornada, última da primeira volta, o equipo visita á ED Val Miñor en Nigrán.

J8-PabellónCF-Dépor_1

A xornada
Os marcadores desta xornada foron os seguintes: CD Calasanz 0-9 RC Celta; Ural CF 2-0 Racing Ferrol; CD Lugo 0-0 CD Choco; CD Conxo Santiago 0-0 ED Val Miñor e Pabellón CF 2-3 RC Deportivo. Ver clasificación.

O meta herculino e a mala sorte evitaron un marcador moi diferente