El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Derrota do Xuvenil "A" ante un RC Celta superior

P2040613

Un RC Celta efectivo en ataque, e tamén dominador, derrotou con contundencia a un Pabellón CF ao que o partido se lle fixo longo debido á superioridade dun rival que como mellor campión dos sete grupos da pasada tempada estará nesta por primerira vez na Youth League.

Ficha Técnica

R.C. Celta (6): César, Currás, Sanz, Gael, Manu, Damián, Javi, Sotelo, Fran, Cantero e Facu. Tamén xogoron: Martín, Prol, Álvarez, Jesús e Yayo.

Pabellón C.F. (0): Alberto, Ribao, Civile, Martínez, Marco, Iker, Aarón, Parrilla, Osián, José Ramón e José. Tamén xogaron: Iker Baltar, Víctor e Marcos.

Goles: 1-0, m.25: Fran. 2-0, m.28: Javi. 3-0, m.46: Pp. 4-0, m.70: Yayo. 5-0, 76: Yayo. 6-0, m.78: Álvarez. 

Árbitro: David Iglesias Melón, do Colexio de Vigo. Amonestou no equipo visitante a Marco, José e Martínez.

A primeira parte estivo marcada polo dominio dos célticos, en base á maior posesión de balón pero sen crear excesivo perigo no área pabellonista durante uns vinte cinco minutos, momento no que chegaría o primeiro tanto dos vigueses nunha acción a balón parado. Sen tempo para recuperarse do gol encaixado, o Celta anotaría o segunda tres minutos máis tarde.

No medio de todo iso o Pabellón non tivo outra opción que sair á contra para levar o perigo ao portal local, pero apenas tivo varias aproximacións ante a solidez defensiva celeste. Con ese marcador de 2-0 chegaríase ao descanso.

Mazazo
Nada mais comezar a segunda parte un defensor ourensán, nun intento por despexar o balón, acabaría introducíndose na súa propia portería. Esa acción dinaminouto o partido, pero o conxunto pabellonista tentou recortar diferenzas pero entre o porteiro local e un balón ao poste evitaríano. O que sí chegarían foron outros tres goles dos olivícos para sentenciar o partido.

A xornada
Na outra cita programada para a tarde do sábado o CD Choco caía no seu campo de Santa Mariña (0-1) contra a ED Val Miñor. Para este domingo está previstos estes enfrontamentos: Racing de Ferrol-CD Conxo (12 horas), Ural CD-CD Lugo (12 horas) e RC Deportivo-CD Calasanz (19 horas).
 

Derrota do Xuvenil "A" ante un RC Celta superior