Selección Galega Base
Xoel e Aldán volven coa Selección Galega Sub-14

LaloSuárez, Seleccionador Galego Sub-14, volveu a incluir a Xoel Montecelo e Aldán Limia, ambos xogadores do Infantil franxiverde que milita na División de Honra, para participar coa Selección Galega Sub-14 nun adestramento. O segundo deles faino como Sub-13.
Na convocatoria, como en anteriores ocasións, tamén está o expabellonista Joel Moreta, nesta tempada nas filas do RC Celta da División de Honra Infantil.
A citación está fixada para este mércores 10 de xaneiro no Manuel Anxo Cortizo de Lalín (17:30 horas). O equipo galego comezará a preparar a Fase Prata do Campionato de España que terá lugar do 9 ao 11 de febreiro nunha sede aínda por determinar.
Parabéns por esta convocatoria!!!
