Lista a segunda fase da 1ª Benxamín
Rematada a pasada fin de semana a primera fase da Primeira Galicia Benxamín e a Delegación en Ourense da RFGF deu a coñecer os calendarios da a Segunda Fase do campionato que comezará a vindeira fin de semana.
No Grupo A1, para o playoff polo título e con dúas prazas en xogo para a Fase Galega Sur, xunto ao Pabellón CF están CD A Purísima, CP Calasancio, EDC Xinzo, CD Velle, EDO Blanco Amor, EDC Verín e UD Ourense.
O conxunto de David Ramos e Toni Ensá, que foron campións do Grupo 1º na fase inicial, comezan a segunda parte da competición visitando ao EDC Verín. Ver calendario.
Mentres, o Pabellón Promesas, estará no Grupo B1 da Fase de Consolación na que terá como rivais a CD Arenteiro, EDC Celanova, CF Monforte, EDC Barbadás, AD Bosco e CDC Pereiro de Aguiar e ED Calasancio.
Os de Ángel Prada comezan a competición visitando ao EDC Celanova. Ver calendario.