Fútbol 8

Xa temos rivais para o sábado en Porriño na fase intermedia galega de F-8

Este mércores celebrouse o sorteo na sede la RFGF en Santiago de Compostela, da fase intermedia do Campionato Galego de Fútbol 8 que se disputará o vindeiro sábado no campo de O Lourambal en Porriño no que afecta ás tres categorías da zona sur. O acto foi ofrecido en streaming polo canle do ente federativo en YouTube.

O sistema de competición para esta primeira parte do campionato, deixa unha liga entre os compoñentes de cada grupo a razón de tres puntos por vitoria e un por empate. Os dous primeiros clasificados enfrontaránse entre eles en forma de cruz, é dicir, primeiro contra segundo de cada grupo. Os gañadores desa eliminatoria accederán á Fase Final que se disputará o día seguinte, domingo, na Estrada cos equipos clasificados da zona norte.

Neste caso os emparellamentos serán entre o mellor clasificado sur e o peor da zona norte e por outro lado o peor da zona sur contra o mellor da zona norte. Para dirimir esas eliminatorias terase en conta a clasificacion de cada equipo según o seu posto na fase intermedia do sábado tanto en Porriño como en Narón no caso do norte.

Os partidos da fase intermedia terán unha duración de dous tempos de 15 minutos e 2 de descanso. Na Fase Final terán unha duración de dous tempos de 20 minutos e un descanso de 5.

VER CIRCULAR

Alevís

Grupo A: RC Celta, Indepo CF, ED Val Miñor e Atlético Cuntis
Grupo B: Caldas CF, Pabellón CF, Rápido de Bouzas e Pabellón EDO

Benxamís

Grupo A: RC Celta, Pabellón CF, ED Val Miñor e EF Portero 2000
Grupo B: Caldas CF, AJ Lérez, CD Rúa e AD Vila do Corpus

Prebenxamís

Grupo A: Pabellón CF, UD Ourense, AJ Lérez e UD Mos
Grupo B: Rápido de Bouzas, Indepo CF, Caldas CF e CP Alertanavia