Xa temos datas e rivais no Torneo Calvo
A Real Federación Galega de Fútbol fixo público o calendario do 13º Torneo Conservas Calvo da categoría alevín que se desenvolve na modalidade de Fútbol 11. O Pabellón debutará a última semana de febreiro contra o Conxo Santiago nos Remedios.
O Grupo Sur está configurado por estes once conxuntos: Bertamiráns, Conxo, Cidade de Ribeira, Rápido de Bouzas, Xuventude de Oroso, E.F. Lalín, EFM Boiro, Celta, Compostela, Santa Mariña e Pabellón.
No Grupo Norte están estes trece equipos: Racing de Ferrol, Portuarios, Montañeros, RC Deportivo, Calasanz, San Tirso, Ural, Victoria, Lugo, Luis Calvo, Galicia Caranza, Residencia e Narón Freixo.
A competición é de liga a unha volta en cada un dos grupos e o gañador, a excepción de Celta ou Deportivo, terá plaza para participar no Torneo Internacional Alevín de Fútbol 7 Concello de Carballo a celebrar no verán.