A Escola Fundación Celta Genuine de Ourense xa traballa
Este luns arrincou a Escola Fundación Celta Genuine de Ourense no campo Miguel Ángel-Os Remedios, que conta coa colaboración do Pabellón Club Fútbol e Concello de Ourense.
Esta actividade tivo o seu punto de saída no pasado curso 22-23 a principios do mes de maio e neste púxose en marcha neste mes de outubro e estará activa ata finais de xuño do 2024.
Un total de quince alumnos, a maioría deles da Asociación ADO, participaron na primeira sesión de unha actividade destinada a chicos e chicas con Diversidade Funcional que se desenolverá todos os luns en horario de 16 a 17.45 horas.
Na sesión deste luns os deportistas estiveron ás órdes do exbranquiverde Diego Vieytes, encargado do grupo en Ourense e que xa estivera a pasada campaña. O ourensán estará axudado polo vigués Jorge Fortes, coa titulación UEFA PRO. As inscricións seguen abertas.