El tiempo
jueves. 16.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Vitoria solvente do Xuvenil A en Carballo, que recupera posición de ascenso

O Pabellón sumou tres puntos moi importantes en Carballo tendo en conta a segunda praza que ocupaba o Bergantiños antes desta cita e que levaba un pleno de triunfos como local. A vitoria deixa aos branquiverdes como terceiros clasificados e ocupando a segunda posición de ascenso destrás do Val Miñor.

Os de David Carnero melloraron os seus números despois de dúas derrotas consecutivas nas que habían encaixado seis tantos. Os resultador revertiron cos triunfos solventes diante de Atlético Coruña Montañeros e Bergantiños, nos que anotaron sete tantos e encaixaron soamente un.

Os pabellonistas, que marcaron en todas as xornadas que se levan disputadas, son o coxunto máis realizador dos dezaotio do grupo con vinteuna dianas.

Ao final do partido o preparador ourensán David Carnero explicaba que "O partido foi igualado na primeira metade, onde as mellores ocasións foron as nosas e así conseguimos o primeiro gol no que Dámaso filtrou un pase a Sergio, que marcou no man a man co porteiro".

Xogo directo do rival

O adestrador pabellonista resumía a segunda metade sinalando que "No segundo tempo o equipo local comezou a xogar máis directamente, situación na que nos sentimos cómodos e non supoñían perigo. Nunha contra Amills conseguiu o segundo gol noso e tivemos máis ocasións para aumentar a renda".

David Carnero aseguraba que "A única ocasión para os locais foi un lanzamento de falta por banda que rematou de cabeza entre os tres paus e que Bruno parou sen problemas.

Co partido rematado e con todo o conxunto local concentrado, Aarón avanzou cun balón dende o seu propio campo e chegou ao área rival para servirlle a Carlos o terceiro tanto!".

Na próxima xornada o Pabellón recibe no campo dos Remedios a visita do Choco, que ten un punto menos na táboa clasificatoria que os branquiverdes

FICHA TÉCNICA

Bergantiños CF (0):  Pablo, Estramil, Martín (Ricardo, m.59), Brais (Mateo, m.73), Alberto, Alejandro, Javier, Iago /(Raúl, m.59) Iván (Costa, m.67), Baldomir e Álex (Abiel, m.67).

Pabellón CF (3): Bruno, Dámaso, Juan Pablo, Langa, Manu (Aarón, m.71), Unai, Sergio, Esteban, Justino (Machaca, m.87), Fernando (Iago Outeiriño, m.67) e Amills (Carlos, m.67).

Árbitro: Espasandín Cores, asisitido nas bandas por Rey Lara e Labón Martínez (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Estramil (m.57) e Ricardo (m.68) nos locais e ao técnico visitante David Carnero (m.22) e Langa (m.39) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.19: Sergio. 0-2, m.66: Amills. 0-3, m.90+4: Carlos.

Incidencias: Partido da oitava xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo das Eiroas en Carballo.

Vitoria solvente do Xuvenil A en Carballo, que recupera posición de...