División de Honra Xuvenil

Os branquiverdes gañaron no último partido nos Remedios

Gol de falta de Iago Outeiriño

O Pabellón logrou unha vitoria no campo dos Remedios ante o Val Miñor baixo unha intensa calor, nun encontro no que só había tres puntos en xogo xa que os dous equipos afrontaban o choque descendidos: 2-1

A primeira metade comezou cun pase de ida e volta que o equipo visitante aproveitaría cun gol de Dani Pascual na primeira aproximación á área local. Incluso Iker puido marcar o segundo para os pontevedreses pero o seu disparo dende boa posición petou nun defensa e o balón marchou a córner.

Os pabellonistas comezaron a crear as súas ocasións despois da media hora de xogo. Tumbeiro, de cabeza, igual que Langa, e dous remates de Iago Outeiriño non chegaron á rede. Un contra o Val Miñor no medio destas accións non acabou en gol en remate de Arango completamente só no punto de penalti.

O capitán pabellonistas Parrilla xogou o último pasrtido nos Remedios despois de catorce tempadas no club

Segundo tempo

Na segunda parte non houbo dominador claro ata os minutos finais nos que o Val Miñor buscou o empate. Antes os de David Carnero utilizaran unha estratexia para darlle a volta ao partido. O primeiro gol foi nunha xogada de laboratorio á saída dun córner que Viso rematou cun remate de cabeza completamente só no longueiro.

Dous minutos máis tarde chegou o segundo nun lanzamento de falta directa executado maxistralmente por Iago Outeiriño. Tras esta acción quedaban vinte e cinco minutos nos que houbo ocasións para uns e outros. O mellor dos pabellonistas foi Edgar, o porteiro suplente que tivo que vestirse de xogador para substituír ao lesionado Adrián. O improvisado dianteiro local tivo o terceiro nun remate que Sandro desviou.

Cos visitantes ao ataque chegarían dúas ocasións que foron desbaratadas por Bruno. A primeira nunha acción de Andrés dentro da área pequena e a segunda nun disparo afastado de Santos, moi envelenado. Ao final o marcador non se movería e os ourensáns sumaron o seu quinto partido consecutivo en Os Remedios sen perder.

Adrián pugna por un balón con el visitante Kevin

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Adrián (Edgar, m.75), Viso, Langa (Manu, m.67), Iago Outeiriño, Justino, Pablo, Parrilla, Esteban, Carlos (Raúl, m.67) e Tumbeiro (Iker, m.87).

ED Val Miñor (2): Hugo (Sandro, m.68), Tempe (Iker, m.54), Miguel (Nico, m.62), Chino (Ferre, m.54), Costa, Arango, Dani Pascual, Hugo Rodri, Andrés, Aarón (Santos, m.54) e Kevin.

Árbitro: Fernández Rodríguez, asistido nas bandas por Rodríguez García e Graña Rodríguez (Comité Galego). Amonestou a Pablo (m.27) e Raúl (m.70) nos locais e a Hugo Rodri (m.12) e Arango (m.49) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.5: Dani Pascual. 1-1, m.63: Viso. 2-1, m.65: Iago Outeiriño.

Incidencias: Partido correspondente á trixesimoterceira xornada da División de Honors Xuvenil. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.