El tiempo
martes. 14.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Os goles de Fernando e Langa, este no desconto, tumbaron a un bo Choco

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil sumou tres puntos de motísimo valor vendo o que aconteceu ao longo dos noventa minutos. O Choco, ata agora o mellor equipo que pasou polos Remedios, foi un gran rival para os pabellonistas e será un dos serios aspirantes ao ascenso. Puido gañar calquera pero ao final, na última xogada do partido, Langa conectou un testarazo que acabou dentro da portería rival para o 2-1.

Antes (37´) os branquiverdes anotaran no tramo final da primeira metade nunha das dúas únicas accións que levaron perigo á meta visitante. Un centro de Manu rematouno Fernando de forma inapelable coa testa ao fondo da rede. Neste periodo os redondeláns comezaran moi ben creando moitos problemas aos ourensáns. 

Co mediocampo controlado polo Choco, o técnico local variou o sistema pasado o ecuador do primeiro acto reforzando a liña central cun tridente con Dámaso, Esteban e Sergio e deixando unha liña defensiva con tres homes. O troco que resultou positivo e as forzas igiualáronse. Ata ese momento as mellores oportunidades habían sido da escuadra choqueira.

Nos instantes previos ao descando e co marcador a favor dos pabellonistas e con esa liña defensiva remodelada, foille anulado un gol aos visitantes por fóra de xogo levando á disconformidade dos choqueiros.

Segundo tempo

O paso por vestiarios deixou dous relevos nos locatarios coa entrada de Carlos e Mociño por Amills e Sergio, iste por unha indisposición. O conxunto rival fixo pasar os peores minutos do partido aos branquiverdes creando varias situacións de perigo nas que o meta Bruno resultou providencial para evitar o empate.

Pero aínda así o Pabellón dispuxo de dúas acciónes moi claras para haber incrementado a vantaxe cun balón que se foi fóra a disparo de Esteban a porta valeira e un remate de Justino ao pao. A insistencia do equipo rival tivo premio a dous minutos do final co empate de Yoel.

Cando parecía que o partido finalizaría con reparto de puntos os pabellonistas aproveitarían unha acción de estratexia no desconto para que Langa anotase e deixase os puntos na casa. Non se chegaría a sacar de centro. Coa vitoria o equipo é segundo na táboa clasificatoria con 19 puntos ocupando a primeira posición de ascenso.

David Carnero

Ao final do partido o técnico local comentaba que "Xogamos contra un dos mellores equipos da categoría, por xogo en equipo e xogo individual. Non entramos ben e tivemos que modificar o plan de xogo porque o rival íanos gañando na nosa fase defensiva con mobilidade continuada". 

O preparador explicaba que "A partir desa modificación tivemos o control do xogo froito do cal se conseguiu o 1-0 antes do descanso. Na segunda parte o equipo rival foi mellor e nos gañou en moitas fases do partido". David Carnero aseguraba que "Foi un partido no que nunca estivemos cómodos". 

Á hora de valorar o rival, o adestrador branquiverde aseguraba que "Foi o mellor equipo cos que nos levamos enfrentado con diferenza".

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Dámaso, Langa, Juan Pablo, Manu (Iago Outeiriño, m.56), Unai, Justino (Aarón, m.80), Esteban, Sergio (Mociño, m.46), Fernando (Mauro, m.70) e Amills (Carlos, m.46).

CD Choco (1): Aitor, Alejandro, Edu Lago (Islam, m.80), Rubén (Hugo, m.70), Gael, Graña (Gorka, m.76), Dani (Xián, m.46), Edu González, Bautista, Yoel e Aarón (Ricardo, m.80).

Árbitro: Pérez Martínez, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Manu (m.8) e Langa (m.76) nos pabellonistas e nos redondeláns ao segundo adestrador, Alexandre Rodríguez (m.56), Ricardo (m.86) e expulso ao delagado, Pablo Crespo (m.90).

Goles: 1-0, m.37: Fernando. 1-1, m.88: Yoel. 2-1, m.90+3: Langa.

Incidencias: Partido da novena xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os goles de Fernando e Langa, este no desconto, tumbaron a un bo Choco