Liga Nacional Xuvenil

Vitoria do Xuvenil A en Santiago que o coloca en posto de ascenso

O Pabellón sumou os tres puntos (1-2) en Santa Isabel diante do Conxo Santiago, na apertura da segunda volta da Liga Nacional Xuvenil o que unido a outros marcadores desta xornada que lle foron favorables, permite que os branquiverdes se sitúen na segunda praza de ascenso. Esta vitoria supuxo a terceira consecutiva do equipo.

A primera metade do enfrontamento despachouse sen goles e foi no primeiro minuto da reanudación cando Carlos anotaba o primeiro dos de David Carnero. Os santiagueses recortarían distancias a falta dun cuarto de hora para o final co tanto de Cristian, deixando un tramo final de partido pleno de emoción.

Nesa fase os pabellonistas non desaproveitarían a ocasión de tomar unha vantaxe que foi definitiva co tanto de Justino cando restaban sete minutos. Ata o final os ourensáns mantiveron á raia ao rival para sumar os tres puntos. Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita do Valladares nos Remedios, nunha cita que se disputará o sábado (17 horas).

FICHA TÉCNICA

CD Conxo Santiago (1): Albarrán, Mario, Noel, Jorge (Santi, m.75), Álvaro, Fabián, Manuel (Miguel, m.75), Aitor (André, m.57), Adrián, Daniel e Ramón (Cristian, m.57)

Pabellón CF (2): Bruno, Carracedo (Machaca, m.61), Manu, Juan Pablo, Iago Outeiriño (Aarón, m.85), Justino, Dámaso, Sergio (Mauro Sabucedo, m.81), Esteban, Fernando (Saúl, m.61) e Carlos (Mociño, m.85).

Árbitro: Martínez Barral, asisitido nas bandas por Brey Couto e Lombao González (Comité Gallego-Santiago). Amonestou a Mario (m.43) nos locatarios e a Machaca (m.82) e Mauro Sabicedo (m.90).

Goles: 0-1, m.46: Carlos. 1-1, m.75: Cristian. 1-2, m.83: Justino.

Incidencias: Xornada dezaoito da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Santa Isabel en Santiago de Compostela.