jueves. 23.01.2020 |
El tiempo
jueves. 23.01.2020
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O equipo segue situado en zona de ascenso

O Pabellón CF da Liga Nacional impúxose en Oira (0-2) á UD Ourense no derbi capitalino que ofrecía esta xornada. Os de Cándido Gómez leváronse os tres puntos cos goles de Iago Varela e Coello.

Os pabellonistas levaron o peso do partido durante os primeiros corenta e cinco minutos aínda que nunha contra os unionistas estiveron a punto de anotar cun disparo que se foi lixeiramente desviado da portería defendida por Sampayo na que sería a única ocasíon local neste primeiro acto.

Traspasada a media hora de xogo e despois de varias oportunidades, nunha delas con tres despexes seguidos sobre a raia de gol, un disparo de Iago Varela acabaría dentro da rede local para o 0-1 co que se chegaría ao descanso.

No segundo tempo os locatarios moveron pezas e co marcador en contra pasaron a mandar na zona central do campo aínda que o meta pabellonista nunca pasou por accións de perigo. No medio de iso o colexiado pasaría por alto un claro penalti sobre Osián. O pabellonista desbordou dentro do área a un rival e o zagueiro local arrollouno desentendéndose totalmente do balón.

Co partido nunha fase de ida e volta pero con máis perigo nas accións dos nosos, un saque de esquina foi rematado coa testa por Coello para colocar o 0-2 a sete minutos do final. Os locatarios acusaron o golpe e os de Cándido Gómez defenderon con solvencia os tres puntos cun rival que pese a ter máis o balón non tirou unha soa vez á portería branquiverde. Incluso os pabellonistas reclamarían outro penalti por derribo a Martínez que o colexiado non interpretou como tal. Ao final vitoria importante do equipo, que saiu moi enchufado. Ver ficha técnica.

Con este resultado positivo o Pabellón é cuarto na táboa ocupando posto de ascenso con 28 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada, a que pecha o 2019, reciben o sábado nos Remedios á SD O Val de Narón.

O equipo segue situado en zona de ascenso