Vitoria do Xuvenil "B" no campo do Ural "B" no peche da competición
Perfecto primeiro tempo dos de Guillermo García, cun gran fútbol, que lles permitiu marcharse ao descanso con clara vantaxe no marcador (0-3) gracias aos goles de Saúl, Arón de penalti, e Unai.
No descanso os dous equipos fixeron todos os cambios. E a volta de vestiarios os branquiverdes puideron conseguir o cuarto en dous man a man co meta herculino, pero sería o Ural o que acabaría meténdose no partido.
Dominouno ata a media hora do segundo acto, chegando a conseguir o empate. Os últimos quince minutos foron de cor visitante ao retomar o mando e deste xeito chegaría o cuarto gol anotado por Dámaso nos últimos minutos para levarse a vitoria.
FICHA TÉCNICA
Ural Español CF "B" (3): Alejandro (Yeray, m.46), Roberto (Raúl, m.46), Marco (Jorge, m.46), Manuel, Álvaro, Pichu, Gonzalo (Samuel.m.46), Diego González, Arias, Mario e Diego Pérez (Seijo, m.46).
Pabellón CF "B" (4): Cristian (Edgar, m.46), Dámaso, Unai, Juan Pablo, Aarón, Sergio (Marcos, m.27), Raúl, Gabriel Outeiriño, Saúl (Amills, m.46), Xoel (Fernando, m.46) y David (Peke, m.46).
Árbitro: Espasandín Cores, asistido nas bandas por Gil Soriano e Izzi Jorge Andrés (Comité Galego-A Coruña).
Goles: 0-1, m.3: Saúl. 0-2, m.27: Aarón, de penalti. 0-3, m.28: Unai. 1-3, m.55: Mario. 2-3, m.65: Raúl. 3-3, m.84: Raúl. 3-4, m.86: Dámaso.
Incidencias: Última xornada do Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil. Campo Rodrigo García Vizoso-A Grela na Coruña.