Primeira Galicia

Vitoria do Senior na última xornada de Liga

Despois de trece xornadas consecutivas sen gañar, o Pabellón da Primeira Galicia superaba (4-2) ao Barbadás B no campos dos Remedios na última cita ligueira.

Ao final da primeira metade os branquiverdes fóronse ao vestiario con vantaxe de dous goles no marcador grazas aos tantos de Caseiro e Numan nos minutos finais.

Na segunda metade os azuis conseguirían neutralizar a desvantaxe coas dianas de Iriarte e Jhonny. Sen embargo, non lle perdeu a cara ao partido os conxunto pabellonista, que volvería a situarse por diante no marcador nunha acción de Sergio para o 3-2.

Nos últimos instantes Caseiro completaba un dobrete co cuarto e polo tanto despedir a categoría e a Liga cun triunfo.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (4): Julián, Guzmán, Araújo, Manu, Sergio, Cristian, Esteban, Langa (Cacha, m.73), Iago Outeiriño, Numan (Carracedo, m .51) e Caseiro.

UD Barbadás "B" (2): Lucas, Donovan, Saúl (Micahel, m.51), Daniel (Hugo, m.51) (Iker, m.62), Jhonny, Nico, Ander, David, Iriarte, Josiño (Diogo, m.51) e Iago Varela.

Árbitro: González Rey, asistido nas bandas por Quintana Couceiro e Mosquera Páez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Ararújo (m.19) e Iago Outeiriño (m.64) nos locatarios e a Iker (m.82) nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión con cartón vermello directo de Donovan (m.87).

Goles: 1-0, m.36: Caseiro. 2-0, m.43: Numan. 2-1, m.57: Iriarte. 2-2, m.65: Jhonny. 3-2, m.75: Sergio. 4-2, m.88: Caseiro.

Incidencias: Partido da última xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.