Vitoria con autoridade do Xuvenil A para manterse en posto de ascenso
Vitoria solvente (1-5) do Pabellón da Liga Nacional Xuvenil na visita ao Xuventude de Oroso no Lino Balado. Os branquiverdes encarrilaron o partido na primeira metade cun dobrete de Fernando e unha diana de Carlos pouco antes do descanso.
Unha nova diana de Carlos no ecuador do segundo acto deulle a estocada final a un rival que na primeira volta había rascado un punto, merecido, nos Remedios. Os locatarios recortarían distancias por mediación de Diego a dez minutos do final e Saúl, no desconto, pecharía o marcador para o definitivo 1-5.
Con este triunfo os de David Carnero seguen ocupando a segunda praza de ascenso igualado a puntos (38) co Val Miñor, que nesta xornada sorprendeu a domicilio ao Pontevedra (0-1) cun tanto nos instantes finais. Os granates están situados na primeira posición (43 puntos) que permite o ascenso á División de Honra
O Pabellón recibe o próximo sábado (16 horas) ao Alondras e posteriormente terá un calendario que pode ser decisivo para súas aspiracións e que comezará coa visita ao Pontevedra.
FICHA TÉCNICA
Xuventude Oroso (1): Antón, Óscar (Adrián, m.66), Martín, Rubén (Simón, m.58), Rosende, Souto, Facal, Leiva, Diego, Marco e Raúl (Anxo, m.66).
Pabellón CF (5): Bruno, Manu (Mociño, m.60), Iago Outeiriño, Langa, Juan Pablo, Dámaso (Unai, m.68), Esteban, Carlos (Saúl, m.68), Mauro, Fernando (Amills, m.60) e Sergio (Aarón, m.68).
Árbitro: Castro Sanmartín, asistido nas bandas por Varela Iglesias e Gómez Villamayor (Comité Galego-Santiago). Amonestou a Souto (m.87) nos locatarios e a Fernando (m.42), Manu (m.56), e Unai (m.78) nos visitantes. O técnico pabellonistas David Carnero tamén viu cartón amarelo (m.87)
Goles: 0-1, m.9: Fernando. 0-2, m.25: Fernando. 0-3, m.37: Carlos. 0-4, m.68: Carlos. 1-4, m.80: Diego. 1-5, m.90+3: Saúl.
Incidencias: Partido da xornada vinte da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Lino Balado en Sigueiro.