El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

AROUSA FÚTBOL 7

Gañou ao Deportivo e ao Valencia para sumar 6 puntos

O Pabellón alevín completou un venres moi produtivo na XXV Arousa Fútbol 7 que se está a disputar no campo de A Senra en Ribadumia, ao superar a Deportivo e Valencia nas dúas primeras xornadas.

Os de Quique Serantres, encuadrados dentro do Grupo "C", gañaron no primero partido ao Deportivo (1-0) cun tanto de Dani Calvo. Os pabellonistas sacáronse a espiña do Campionato Galego despois de que os herculinos gañasen o pase á final cun gol no último minuto (3-2).

Xa pola tarde os branquiverdes non deron opción ao Valencia (4-1). Ao descanso os nosos xa anotaran os catro goles -Joel Moreta (2), Héctor e Dani Calvo-. Os levantinos acotarían distancias na segunda metade pero a cousa quedou ahí. 

Deste xeito o Pabellón lidera o Grupo "C" con 6 puntos e este sábado enfrontarase ao Barcelona (10.50 horas) e máis tarde (13.30 horas) ao Manchester City.. Pinchando no seguinte enlece podes ver todos os resultados e as clasificacións.

Gañou ao Deportivo e ao Valencia para sumar 6 puntos