Primeira Galicia

Valioso empate do Senior sobre a bocina

Despois de dúas derrotas consecutivas o Pabellón rascou un punto (2-2) na súa visita a un Velle que cotizaba ao alza ubicado na terceira praza da Primeira Galicia.

Na primeira metade non houbo goles, apenas tímidas chegadas ás porterías e nin un claro dominador. O segundo tempo estivo máis movido xa que nese periodo os equipos avanzaron e chegarían as ocasións de perigo e os catro tantos. Pouco antes do cuarto de hora os locatarios abrirían o marcador cun tanto de Dinis.

Os pabellonistas non lle perderon a cara ao partido e avanzado o segundo acto consegurían igualar o choque cun remate de Manuel.

Final taquicárdico

Os últimos minutos estarían cheos de emoción. Primeiro o Velle parecía que se levaría a vitoria cando Benito situaba o 2-1 a falta de catro minutos para o final.

Sen embargo, os branquiverdes tiveron a fortuna de empatar o choque despois de que Iago Outeiriño anotase o 2-2 que foi definitivo para sumar un punto. 

Con este resultado os pabellonistas abandonan a última posición do grupo quedando a dous puntos (21) da zona de permanencia que ocupa un Cortegada (23) que será o próximo rival nos Remedios o próximo domingo.

FICHA TÉCNICA

CD Velle (2): Alberto, Carlos Figo, Sergio, Jorge, Iago (Meji, m.87), Benito, Hugo, Pitu, Raúl Dinís, Oussama (Marquitos, m.72) e Marcos Jesús (Joel, m.76).

Pabellón CF (2): Julián, Rober (Araújo, m.86), David, Manuel, Álvaro, Sergio, Mauro (Langa, m.76), Mociño, Caseiro (Numan, m.67), Esteban (Marcos, m.86) e Iago Outeiriño.

Árbitro: Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Quintana Couceiro e Mosquera Paz (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Hugo (m.83) nos locais e a Araújo (m.45) e Álvaro (m.78) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.56: Raúl Dinís. 1-1, m.73: Manuel. 2-1, m.86: Benito. 2-2, m.89: Iago Outeiriño.

Incidencias: Partido da xornada vinte e oito da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo da Aira en Velle.