"Vai por ti Miguel Ángel"
Este xoves tivo lugar un acto entrañable na sede da Peña Madridista "Miguel Ángel", recentemente falecido, coa entrega da pancarta que utilizou o club no partido da Copa Deputación do equipo Senior contra o Verín CF en homenaxe ao porteiro ourensán que da nombre ao campo de Os Remedios dende o ano 2010.
O club atendeu unha petición da Peña Madridista, que preside o seu fundador Emilio Gómez-Casasnovas Soto, para facerse coa pancarta co lema "Va por ti Miguel Ángel". O máximo mandatario do Pabellón CF, Felipe Quintela, acompañado por varios directivos da entidade, fixo entrega da mesma aos representantes da Peña con sede en Ourense.
Emilio Gómez-Casasnovas, en nome da Peña Madridista e tamén en nome da familia de Miguel Ángel, agradeceu ao Pabellón CF o detalle da pancarta e o seu comportamento, dos poucos da provincia, hacia o que foi o ourensán máis laureado e convertido nunha Lenda do Fútbol Español.