Deporte Inclusivo
Último adestramento da Escola Celta Genuine de Ourense
Este luns, con algunhas ausencias por enfermidade, pechouse por esta tempada a actividade da Escola Fundación Celta Genuine de Ourense que botou a andar o 8 de maio durante sete luns consecutivos no campo Miguel Ángel-Os Remedios co exbranquiverde Diego Vieytes como encargado desta acción en Ourense.
Na próxima semana volverán a xuntarse alumnos e monitores fóra do campo e según explicaba Álex Abalde, responsable da entidade celeste nesta parcela, "hoxe foi o último adestramento, pero xuntarémonos a próxima semana para facer unha despedida de tempada especial e darlles unha sorpresa".
Despois do periodo vacacional do verán a actividade volverá ao campo Miguel Ángel-Os Remedios no mes de setembro.