El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

XUNTANZA PABELLÓN C.F.

Misa nos Salesianos, foto nos Remedios e paellada no Campo da Feira

A Xunta Directiva pechou a programación da Xuntanza de antigos directivos, adestradores, xogadores e todas aquelas persoas que de algunha maneira formaron parte deste club durante os 50 anos de existencia do mesmo. A data, como xa se anunciara, será o sábado 14 de xaneiro.

O punto de encontro será na entrada da Parroquia María Auxiliadora "Salesianos", onde ás 12.30 horas terá lugar unha Misa en memoria dos exbranquiverdes falecidos. En principio estaba marcada noutra ubicación pero a cercanía ao campo Miguel Ángel-Os Remedios foi determinante para finalmente levala aos "Salesianos".

Precisamente despois dese emotivo acto, sobre as 13.15 horas, está programada unha foto de todos os asistentes no campo Miguel Ángel-Os Remedios. Posteriormente, as 14 horas, todos os asistentes terán unha comida no Campo da Feira, na que haberá empanada, paella, bica e bebidas cun custo de 15 euros por persoa.

A entidade pabellonista mantén aberta a inscrición para todos aqueles que queiran participar nesta Xuntanza. Para iso deben achegar ao club o formulario que figura no seguinte enlace. DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN

O formulario de inscrición debe enviarse ao correo electrónicopabelló[email protected] ou en formato foto por wahatsapp ao teléfono 649278183, no que tamén se pode facer calquera consulta sobre o evento. 

Misa nos Salesianos, foto nos Remedios e paellada no Campo da Feira