FÚTBOL 8 / COPAS DEPUTACIÓN

Tres equipos optan ás Copas en Xinzo

Este domingo disputaránse as finais das Copas Deputación en cada unha das categorías e divisións do Fútbol 8, que terán como escenario o campo Fernández Carrera en Xinzo de Limia.

Tres equipos branquiverdes estarán presentes nestas finais, onde optarán ao título copeiro na 1ª e 2ª Futgal Alevín e 1ª Futgal Benxamín.

¡Moita sorte aos tres equipos!