Torneo Conservas Calvo
Torneo Conservas Calvo / Vitoria en Outes
O Pabellón CF alevín encarrilou o partido con tres goles na primeira metade
O Pabellón CF alevín encarrilou o partido con tres goles na primeira metade
A segunda xornada do Torneo Conservas Calvo Alevín deixou un novo triunfo (0-5) para o Pabellón CF no Municipal Conchido contra o Outes CF, debutante neste campionato dende a súa posta en marcha. Os de Jesús Rivera encarrilaron o partido na primeira parte despois de anotar tres goles e na segunda redondearon a vitoria con dúas novas dianas. José (2), Martín (2) e Yeray anotaron os tantos. Na próxima fin de semana non haberá partido coa EF Lalín, que solicitou o aprazamento ao coincidir coa popular Festa do Cocida na localidade dezana. A cita xogarase o 24 de marzo nos Remedios.