Toño Sanmartín: "Somos moi competitivos"
O pasado domingo rematou a primeira volta da Segunda Futgal na que o equipo Senior obtivo un triunfo sobre o Coles para acabar esta primeira parte do campionato con 28 puntos.
Analizamos co seu adestrador Toño Sanmartín, que cumpre a súa terceira tempada no banquillo pabellonista, o decorrer do equipo ao longo destas dezasete xornadas.
P: O Pabellón pecha a primeira volta na oitava posición con 28 puntos. Qué valoración fas do percorrido do equipo nesta primeira metade do campionato.
R: A valoración é totalmente positiva tanto a nivel de equipo como da puntuación acadada, aínda que botamos en falta catro puntos que debido a circunstancias escapáronsenos.
P: O equipo chega ao ecuador da liga nun bo momento, cunha racha de sete xornadas consecutivas sen perder. Qué lectura fai desta dinámica de resultados.
R: Pois moi satisfactoria xa que estamos sendo un equipo moi competitivo e, agás nun par de partidos, en todos eles estiveron disputados ata o final.
P: Ata que punto esta serie positiva de resultados reforzou a confianza do grupo e a crenza no traballo que se está a realizar desde o inicio da tempada.
A verdade e que é moi importante xa que os tres días que facemos de adestramento vénse refrendados no terreo de xogo e o equipo séntese mellor. Neste aspecto hai que reseñar o gran traballo que desenvolve Chicho Mangana, o noso preparador fisico, que chegou este ano para botarnos unha man.
P: Mirando atrás, consideras que a clasificación actual é xusta co rendemento do equipo ou pensas que se poderían ter acadado máis puntos.
Deste tema en concreto falamos neste Nadal, e todos coincidimos que podería ser por falta de veteranía ou experiencia. Como xa dixen faltannos eses catro puntos referidos anteriormente.
P: A nivel colectivo, qué valores ou sinais de identidade definirían a este Pabellón nesta primeira metade da tempada.
Sobre todo no concepto equipo na súa ampla expresión. Todos traballan ao máximo dentro das súas circunstancias e despois destaca tamén o sacrificio particular de cada xogador.
P: En qué aspectos consideras que o equipo máis evolucionou ao longo destas xornadas con respecto ao comezo do campionato.
Pois sinceramente na competitividade que imos alcanzando cos diferentes rivais, tamén a intensidade aínda que non en todos os partidos por igual.
P: Algún aspecto no que o equipo debe mellorar.
Si, e ademais está falado e requete falado, no aspecto defensivo. Non podemos encaixar tantos goles e algúns deles de maneira tan doada. E despois tamén outra cousa a mellorar é o xogo, no que nos custa crear en demasía.
P: Qué esperas da segunda volta, firmarías os memos puntos que na primeira ou eses catro puntos de diferenza da zona de promoción pode ser unha opción.
Tanto eu coma o equipo esperamos superar a puntuación acadada e tentar sumar máis para achegarnos, si se pode, á zona de promoción, onde hai unha terna de 5-6 equipos.
P: Chámanos a atención o alto número de lesionados que xa pasou a anterior campaña. Qué explicación pode ter esta dinámica.
Si, e unha cuestion que é o noso “talón de aquiles” e ademais repítese nestes dous anos dende que cheguei ao club. Algunhas das lesións son incluso de longa duración, con operacións incluidas e despois as típicas da competicion pero que tardan en algúns casos máis do debido.
P: O Rayo 21 é un líder incuestionable, fixo un pleno de vitorias na primeira volta. A diferenza co resto de equipos parece abismal.
A verdade é o mellor equipo da Liga, moi completo en canto a plantilla que ten e coa calidade individual de cada un deles, non en vano moitos deles xa competiron en categorias superiores. Está moi compensado en todas as posicións do campo.