Segunda Galicia

Título e ascenso para o Infantil B na Segunda Galicia

O Pabellón B proclamouse esta fin de semana campión da Segunda Galicia e tamén obtivo o ascenso á Primeira, despois da victoria no campo do Polígono (1-4) e unido a outros marcadores que o favoreceron.

Os branquiverdes, que conseguiron o título a falta de catro xornadas para a finalización do campionato, suman 85 puntos e supera en trece ao seu inmediato perseguidor, o ED Ourense, que esta fin de semana caía sorpresivamente no seu campo co Cented Academy (0-1).

A escuadra pabellonista acumula vinte e nove xornadas sen coñecer a derrota e soamente perderon un partido e empataron outro. No aspecto anotador os de Manuel Piñeiro e Daniel Luis suman 199 tantos a favor e soamente 17 en contra.

Este mércores afrontarán as semifinais da Copa Deputación efrontándose ao CD Rúa B nos Remedios (11.30 horas). O equipo ten moitas ilusións de plantarse na final e aspirar ao dobrete.

Parabéns a corpo técnico e xogadores!!!