TORNEO CONSERVAS CALVO F11
Terceiro posto para o Alevín Promesas en Carballo
O Pabellón Promesas acabou como terceiro clasificado do XV Torneo Conservas Calvo Alevín Fútbol 11 que tivo este mércores a xornada final no campo de As Eiroas en Carballo.
A escuadra branquiverde que adestran Óscar Cabrera e Abel Afonso, impúxose 5-1 ao CD Lugo no partido de consolación despois de que ambos equipos rematasen como segundos clasificados no Grupo Norte e Grupo Sur.
Ao descanso o marcador era de empate a un tanto e foi no segundo tempo cando os pabellonistas lograron distanciarse no taboleiro ao anotar catro tantos. Teo, con tres dianas, e Mateo e Josete con unha, foron os goleadores.
O RC Celta foi o gañador desta edición ao imporse na final 3-1 ao RC Deportivo.