jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

PATROCINIO

Tres tempadas máis con Envialia

Aínda que o balón leva tempo sen rodar a Xunta Directiva segue dando pasos importantes despois do Confinamento polo COVID-19, e este martes asinou un novo Convenio Publicitario con Envialia.

O acto da firma para ampliar outras tres tempadas máis a vinculación con Envialia contou coa presenza de Manuel Rodríguez, Director Xeral de Envialia; e Francisco Doforno, Presidente do Pabellón Club de Fútbol e levouse a cabo esta mañá nas oficinas de empresa ourensán de transporte urxente ubicadas no Polígono de Pereiro de Aguiar

A entidade pabellonista seguirá levando tres campañas máis a publicidade de Envialia nas camisetas, o que levará a completar oito anos -dende a campaña 2014-2015- ligados á unha das empresas que máis contribúe ao deporte base ourensán. O Pabellón Club de Fútbol quere agradecer a Envialia o apoio ao novo proxecto deportivo.

Tres tempadas máis con Envialia