Tarde de moito fútbol no Torneo de Pais e Nais

Este martes celebrouse o I Torneo de Pais e Nais na modalidade de Fútbol 8 no campo Miguel Ángel-Os Remedios no que os "Seniors" do Infantil A foron os máis apilcados ao levarse a final cun solitario gol sobre o representantes do Alevín B.
O evento contou con doce equipos ao engadirse un formado por adestradores para completar catro grupos con tres equipos que xogaron unha primeira fase por liguilla.
Os primeiros de cada grupo cruzáronse nas semifinais, que estiveron moi igualadas. Unha delas tivo que decidirse na tanda de penaltis. Disputáronse un total de 15 partidos nos que se anotaron 38 goles. VER RESULTADOS.
Para ver algunhas fotos do torneo PINCHA AQUÍ.
O club agradece a todos os pais, nais, familares que participaron neste torneo e a todos os adestradores que colaboraron para sacalo adiante.