El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Tres sufridos puntos para o Xuvenil "A" nos Remedios

O Pabellón apuntouse os tres puntos  a conta de superar (1-0) nos Remedios ao Bergantiños no que foi o primeiro partido da Liga Nacional Xuvenil como local dos branquiverdes despois do empate da primeira xornada ligueira no derbi capitalino.

Un gol de Mauro dende fóra do área aos quince minutos acabaría sendo determinante na resolución dun enfrontamento moi igualado. Na primeira metade apenas houbo ocasións de perigo nunha e outra área cunha continua loita na zona central do campo para facerse coa posesión do balón.

Segundo tempo

No segundo tempo os visitantes moveron pezas con tres trocos á vez para revertir a situación adversa, sen embargo a meta local soamente pasou apuros nunha acción que se foi alta despois dunha inxenua pérda de balón.

A medida que pasaban os minutos a incertidume aumentaba e cun conxunto visitante que intentaba levar perigo á portería de Abraham pero os pabellonistas estiveron moi ben defensivamente.

Os branquiverdes tiveron un par de ocasións en sendas contras que non fructificaron e ao final os puntos quedaron na casa para sumar catro en dous enfrontamentos..

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Celta "B" na Cidade Deportiva da Madroa. Os celestes suman un pleno de triunfos nas dúas xornadas disputadas.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Abraham, Jorge, Bugallo, Simón, Unai, Cougil, Soriano, Mauro (Jesús, m.81), Machaca, Peke (Álex Riveiro, m.71) e David (Samuel, m.60).

Bergantiños CF (0): Sergio, Martín, Mateo (Eli, m.46), Brais (Diego, m.74), Marcote (Samuel, m.46), Pablo, Baldomir, Hugo, Andrés (Óscar, m.74), Carlos e Iker (Nico, m.46).

Árbitro: Xabier González Castelao, asistido nas bandas por Oumar Diallo Diallo e Ignacio Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Machaca (m.57), Cougil (m.89) e Samuel (m.90) nos locais e a Martín (m.44), Baldomir (m.72) e Pablo (m.73) nos visitantes.

Gol: 1-0, m.15: Mauro.

Incidencias: Partido da segunda xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Tres sufridos puntos para o Xuvenil "A" nos Remedios