FASE GALEGA SUR FÚTBOL 8
Sorteadas as Fases Intermedias Sur
Este luns tiveron lugar os sorteos das Fases Intermedias do Campionato Galego de Fútbol 8 nas tres categorías, que como é habitual desenvólvese na Zona Norte e Zona Sur, de onde sairán os catro equipos, dous por cada, que disputarán a Fase Final.
A primeira terá lugar este sábado 17 de maio, Días das letras galegas, e a segunda o 24 de maio.
No cadro desta nova pódense ver os emparellamentos que afectan aos nosos equipos, o Pabellón Promesas na categoria alevín e o Pabellón CF na benxamín.
Xinzo de Limia acollerá todos os partidos da Fase Intermedia Sur e a Fase Final será en Villalba.