El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN

O Senior protagoniza a sorpresa da xornada copeira ao eliminar ao Antela

Sorpresa no campo dos Remedios. O Pabellón, no que participaron ata seis xuvenís, eliminou ao Antela da Preferente Galicia na eliminatoria dos trintaedousavos da XLII Copa Deputación Afeccionado. Un gol do xuvenil Carlo aos cinco minutos resultou decisivo. O partido foi un calco do vivido el pasado domingo na Primera Galicia contra o Monterrei e co mesmo resultado e sufrimento,

Na Primeira metade o equipo visitante tivo un maior dominio pero foron os pabellonistas quenes tomarían vantaxe no marcador cun gran gol do seu paisano Carlos. Co marcador en contra o Antela incrementos a presenza no campo local e gozando de varias ocasións para marcar.

As máis claras foron nun disparo cruzado de Charly e unha melé no área pabellonista con dobre remate que acabou petando nun pao. Tamén houbo moito xogo aéreo que foi ben resulto pola defensa branquiverde, que nesa fase apenas tivo un par de aproximacións ao área rival. Co 1-0 chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Na volta de vestiarios os limiaos sairon a darlle a volta á eliminatoria pero ata o ecuador deste segundo acto o seu dominio non orixinaba grandes ocasións de perigo. Pero a partir de ahí o dominio foi insistente e comezaron a chegar as oportunides, a máis clara dentro dun ramillete de accions, foi nun remate ao pao da meta defendida por Julián.

Os minutos finais máis o longo desconto de case dez minutos estivo marcador pola tensión e houbo sete cartóns amarelos, catro para xogadores locais e tres para os visitantes. Nese periodo foilles anulado un gol a cada equipo por fóra de xogo. Ao final a inisistencia do Antela non se viu reflictida no marcador e os pabellonistas pasan á seguinte eliminatoria.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Julián, Aldán (Berni, m.82), Langa, Juan Pablo, Sergio, Numan (Caseiro, m.66), Saúl (Pablo Gil, m.87), Cacha, Iago Outeiriño (Cristian, m.57), Marcos (Carracedo, m.53) e Carlos.

Antela CF (0): Cristian, Adrián, Breixo, David (Pablo, m.55), Xabi, Borja (Pedro, m.67), Charly, Quintairos, Miguel, Campero (Jhony, m.53) e Tiago.

Árbitro: Rodríguez Labrador, asistido en las bandas por Fernández Blanco e Jiménez Domínguez (Comité Gallego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.73), Aldán (m.74), Julián (m.85) e Cristian (m.90) nos locais. Xabi (m.31), Pablo (m.72) e Jhony (m.75) viron cartón amarelo nos visitantes.

Gol: 1-0, m.5: Carlos.

Incidencias: Eliminatoria de trintaedousavos de final da Copa Deputación. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

 

O Senior protagoniza a sorpresa da xornada copeira ao eliminar ao...