El tiempo
viernes. 29.09.2023
El tiempo

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Luz verde dos Socios na Asemblea e o club agradece as facilidades dadas polo Liceo Recreo Ourensán

O pasado sábado, en segunda convocatoria ás 11 horas, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria convocada polo Presidente do club, nun dos salóns de actos do Liceo Recreo Ourensán para someter a aprobación os puntos que figuraban na orde do día. O acto contou coa presenza de 54 Socios en persoa e outros 32 que delegaron o seu voto aos asistentes para un total de 86 Socios.

En canto as contas da tempada 21-22, que foron aprobadas por todos os Socios, o club tivo como ingresos 237.011,03 euros e no capítulo de gastos a cantidade alcanzou os 239.847,47. Deste xeito a lquidación da campaña deixou un déficit de 2.836,44 euros

Con respeto ao orzamento do curso 22-23, que tamén foi aprobado por todos os Socios, a previsión do departamento económico sitúa a cantidade en 187.500 euros, lóxicamente a cantidad corresponde tanto a ingresos como a gastos.

No apartado do Informe de Socios e Aboados para a tempada 22-23, aprobouse, con 81 votos favorables e 5 negativos, a proposta da Xunta Directiva para deixar en 160 o máximo de asociados e en 100 os aboados tendo en conta a capacidade da bancada do campo dos Remedios. 

Finalmente, na exposición do Informe Xurídico do club por medio do directivo Francisco Caseiro, explicáronse os motivos polos que o club denegou unha moción de censura presentada por un grupo de socios neste ano.

O Presidente da entidade, Francisco Doforno, e a súa Xunta Directiva queren dar as grazas aos responsables do Liceo Recreo Ourensán polas facilidades dadas para que esta Asemblea Xeral Ordinaria poidese celebrarse nun dos salóns desta entidade.

Luz verde dos Socios na Asemblea e o club agradece as facilidades...